Volverá a vela de traballo?

O pasado día 15 botouse en Alemania, despois de cinco anos de desenvolvemento experimental, o primeiro mercante cun sistema de aforro enerxético baseado no uso dun papaventos especial, o sistema Skysails. Este sistema permitirá aforros do 30 ao 50 % no combustible.
A crise provocada, entre outros motivos, pola suba do prezo do gasoleo, tamén está a afectar seriamente á nosa frota de pesca, e para buscar solucións a este problema naceu o proxecto Peixe verde.
Peixe Verde está impulsado pola Confraría de Celeiro, Puerto de Celeiro S.A., Servicel, e Ariema e busca mellorar a eficiencia enerxética nos pesqueiros, e investigar as posibilidades de uso de enerxías alternativas.
Non so se está a traballar no aspecto enerxético do problema, desde o Centro Tecnolóxico da Pesca (CETPEC), tamén creado en Celeiro por Confraría, Porto de Celeiro e Servicel, trabállase na aplicación de novas tecnoloxías e na mellora da comercialización do producto.
Xa hai algúns resultados preliminares moi prometedores no aspecto do aforro enerxético, no uso de gas como combustible, e na introducción de melloras na trazabilidade do producto.
A innovación constante é a única garantía de permanencia do sector, a outra alternativa que se contemplou é o abandono por completo da actividade. Esperemos que nunca cheguemos a ver ese final.

Etiquetas