Web dos Amigos da Dorna de Portonovo


Os Amigos da Dorna de Portonovo acaban de abrir sede en Internet, unha fermosa e completa web, con información sobre a asociación, as súas actividades, publicacións, e embarcacións. Ademais dispoñen dun album de fotos en Flickr con case 200 fotografías.
É unha moi boa noticia, sobre todo despois da anterior sobre a agresión á ENT, ver que o traballo de moitos anos é mostrado a todos, para que a xente o vexa e valore, e para que aprenda a respetar o patrimonio marítimo e o traballo realizado por colectivos como os Amigos da Dorna de Portonovo.

Etiquetas