X Encontro, Carril 2011. Mañán comeza o Encontro


Mañán comeza oficialmente o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Custou chegar ata aquí, de todos é sabido que o orzamento este ano é reducidísimo, pero mañán empezarán a chegar 151 barcos a Carril.

151 barcos son os apuntados neste momento, e sabemos que sempre aparecen algúns a última hora. Unha flota de 150 barcos é importante, non se reune así como así, pero si estes barcos son de tipo tradicional, entón a cousa é ainda máis meritoria. Non hai outro evento de similar tamaño na Península Ibérica.

Haberá como noutras ocasions mostra de oficios, animación de rúa, actividades infantís, exposicións, documentais, música, etc.

O programa de mañán prevee a inauguración oficial para as 19:00 horas.

A pesar da reducción do financiamento, os organizadores e o pobo de Carril, fixeron todo o posible e o imposible para que este Encontro teña a mesma dignidade que os outros nove anteriores. A pesar de ser este un Encontro de resistencia, entre todos faremos que este sexa lembrado como o mellor Encontro.

Vinde a Carril!

Etiquetas

4 cometarios sobre “X Encontro, Carril 2011. Mañán comeza o Encontro

  1. Non é grave a denuncia que vos consta da asociación Barcas do Minho con respecto aos novos membros da federación: A CASA DO BARQUEIRO? Non vale dicir que é un asunto interno da asociación, entendo ca Federación debe velar polos membros e xa vos consta as irregularidades dos citados individuos

    1. O grave é que desde a xunta directiva da federación se silencie o que pasou como se indica no correo enviado ós colectivos hoxe, o colegueo cos da casa barqueiro que non son membros da federación, mentres se censura o correo que envia unha asociación federada como é barcas do minho. a xunta directiva debe dar explicacións, pois non todo e festa e merendiña cos amigos…

      1. A Xunta Directiva está nestes momentos moi ocupada en facer que os Encontros saian para adiante, como están facendo os organizadores e centos de membros dos colectivos da FGCMF.
        Na proxima asamblea terase oportunidade de presentar as queixas que se queiran e pedir as explicacións que se precisen.

        1. Unha mágoa que os trinta segundos que estás perdendo en dar resposta a uns comentarios anónimos non os empregues para falar cunha asociación federada, en contestar ao correo ou en redistribuir as comunicacións que chegan a colectivos. Será que te sentes aludido polo da censura?

Comments are closed.