X Encontro, Carril 2011. Os barcos


Cando rematou o IX Encontro en Muros, moitos pensamos que o seguinte sería o dos galeóns. Estaban en marcha a recuperación ou construción de moitos galeóns e outros barcos grandes e esperabamos que poidesen chegar a tempo para o X Encontro.

En parte estas expectativas vironse cumpridas. En Carril houbo barcos grandes, todos participantes no Encontro, ningún contratado “para figurar”. Rompetimóns puido izar velas no seu galeón novo, o Illa de Cortegada, o Eliseo de Sueste participou no seu primeiro Encontro. Para o Ave de Paso, de Bueu, tamén era a súa primeira vez. E estiveron o Evangelina, o Joaquín Vieta (este sin velas), o Tina Husted e o Raquel C, O Novo Sofía, o Ría de Ferrol, o Luisa, o Vigo05, a Pescadoira, a Nova Marina, o barco viking de Catoira, etc. Son moitos para nomealos a todos. E por suposto todas as dornas grandes da flota. Tamén viñeron barcos clásicos como o Casandra, e barcos “novos” como a Sara.

Pero como o tamaño non importa houbo pequenos barcos que participaron por primeira vez, e que merecen atención especial, xa sexan recuperados ou replicas, como a Laxe de Boibas, unha dorna de tope recuperada no Grove, a gamela de 20 cuartas da Ramallosa, exemplar único, a Descalsiña, chalana con vela de martelo, etc.

Houbo dous barcos que viñeron sen rematar, sen paus e sen velas: O Rei do Mar, e o RH1. Como dixemos arriba, as expectativas case se cumpriron, estes dous barcos precisan de arboladura e velas, e hai outros dous galeóns, Adelino Manuel e Komaira, na mesma situación. E máis ao norte o Balbina, o último patexeiro, tamén camiña amodo no proceso de recuperación.

Cando o vento veu de cara días antes do Encontro, díxose que este sería un Encontro de resistencia. Como fose, o Encontro ía saír adiante. Os colectivos da FGCMF comprometeron a súa presencia en Carril e Carril estivo cheo de barcos, arredor de 150 barcos. Incluso barcos como o RH1 que sin pau nin velas navegou desde Muros para estar presente, para acompañar ao resto dos barcos, para mostrar o bo traballo que os veciños de Abelleira están a facer.

Os cartos que as administracións poidan adicar ao patrimonio marítimo e fluvial, volven multiplicados á sociedade, en forma de contratos cos carpinteiros, cos veleiros, en forma de activación socioeconómica dunha comunidade, nos sabémolo, os expertos confírmano, e esperemos que as administracións algún día o entendan. As subvencións son moi importantes para os proxectos de recuperación, sobre todo se falamos de barcos grandes, pero a forza do movemento está na xente, na vontade de todos de seguir adiante, con subvencións ou sin elas.

Etiquetas

6 cometarios sobre “X Encontro, Carril 2011. Os barcos

  1. Mestreeee, xa sei que non podes decir todos, a entrada está moi ben, pero por vez primeira unha “variante -si se pode decir- de gamela” estivo nun Encontro o “loro”. Propio dos areais marisqueiros e onde en Cambados tivo moito uso. Mesmo regatas, pasou desapercibido entre tanto que había chamabase “Espadeiro”.
    Bueno minto foi por 2ª vez, xa estivera en Cambados.

        1. Desculpa a demora na resposta. O Apupo está pendente de que se vexa como quedará a situación financeira da Federación despois do X Encontro.

Comments are closed.