X Encontro, Carril 2011. Os que viñeron de fora

A pesar das dificultades económicas estiveron con nós amigos de fora de Galicia, os máis numerosos os vascos, os de Albaola, que non só desprazaron a Carril un grupo amplo de persoas e un par de barcos, un deles o potín Arditurri, senón que apoiaron o Encontro cunha axuda económica. Tamén os membros de Euskal bateleroak, que viñeron con varios dos seus bateis e instalaron un pequeno stand.
Desde Francia chegou o Bout de Bois, que xa estivera en Muros. De Cataluña tivemos a visita da Nena, e da Xerina desde Palamós, e moitos amigos que viñeron sin barco pero que estiveron navegando con nos. Das Baleares tamén tivemos a visita de varios amigos que xa estiveran en Muros. De Cartagena veu o Mala Sombra (na foto), un bote latino de regatas do Club Náutico Santa Lucía, que xa se pode decir que son asíduos do Encontro. De Málaga tivemos a visita de persoas relacionadas coa Barca de Jávega, esta vez sin barca. De Portugal estivo en Carril o Baltazar, de Vila do Conde, e outros amigos portugueses que nos acompañaron.

Os amigos vense nas ocasións, e nos agradecemos moito a presencia de todos eles en Carril. Desexámoslles unha boa viaxe de volta á súa casa, e esperamos velos no próximo Encontro.

Etiquetas