X Encontro, Carril 2011. Rematou

Rematou o X Encontro. A última hora da tarde de onte xa marchara grande parte da flota. Pero ainda queda moito por facer para os organizadores, moito traballo oculto e pouco gratificante pero necesario.

A pregunta que fai a xente que non puido estar no Encontro é: como foi? houbo barcos? Houbo, moitos, moitos barcos, moitos tripulantes, e moitos visitantes. E de ter habido fondos para unha promoción axeitada ainda houbera máis visitantes.

Tempo haberá para facer unha valoración, para medir os resultados en función do esforzo feito, para destilar leccións para vindeiras edicións, pero agora sí se pode salientar unha cousa: o compromiso.

Frente á situación económica pouco antes do Encontro os colectivos da FGCMF comprometeron o seu apoio ao Encontro, mesmo asociacións e persoas de fora de Galicia comprometeron o seu apoio e a súa presencia en Carril. O tecido social de Carril, os colaboradores do Encontro, comprometeron o seu apoio e o seu traballo. E todos cumpriron.

Quen estivo en Carril puido percibir un estado de ánimo entre todos os implicados no Encontro, un sentimento de estar xuntos nunha tarefa. Houbo pequenos fallos como sempre hai, houbo xente molesta por eses fallos, pero incluso esas persoas facían a súa crítica deixando claro que o importante era tirar para adiante, que o Encontro era o importante.

Todos os Encontros anteriores son lembrados por algunha cousa determinada, o tempo dirá porqué será lembrado Carril, pero hai moitas posibilidades de que este sentimento de comunidade sexa o que permaneza na memoria dentro de 20 anos.

Grazas a todos!

Etiquetas

3 cometarios sobre “X Encontro, Carril 2011. Rematou

  1. Noraboa aos membros da Federación, noraboa a Carril e aos seus Rompetimóns.
    Foi un éxito grazas a tódolos colectivos que participamos e aos que fixestes o esforzo de vir de mares máis lonxanos.
    Sempre avante ata outra.

  2. Yo me fuí de Carril con buen sabor de boca y eso que no probé el marisco, todo lo hicieron los voluntarios y participantes, hice nuevos amigos y conocí nuevas tipologías de embarcaciones. Quisiera saber como enterarme de las deliberaciones a lo largo de las diversas jornadas técnicas que hubo

    1. Publicaranse algunhas ponencias pronto no sitio web do NEA2 e intentaremos facer público un resume do falado nas xornadas.

Comments are closed.