Xa hai barcos no Freixo

Onte pola tarde arribaron ao Freixo barcos de Arousa, O Grove, Vigo, e Redondela. E hoxe fixérono os de Ferrol. Neste momento hai dous galeóns, unha traiñeira, un racú, unha lancha-trincado, duas dornas xeiteiras, catro dornas de tope, unha dorna polbeira, un bote da ría de Vigo e un cruceiro clásico.

O bote é o Búrbida, que como fixo noutros Encontros chegou navegando polos seus medios ao Freixo. Lembrámosvos que aínda hai tempo para inscribir barcos no Encontro, pero canto antes mellor para facilitar o traballo da comisión de navegación que se ocupa dos amarres.

Actualización: tamén están xa no Freixo a Jatiña e a Bicoca, ambas as dúas de Portonovo. No blog da ACD Dorna hai unha crónica da súa travesía da Arousa ao Freixo

Etiquetas

4 cometarios sobre “Xa hai barcos no Freixo

  1. Como tripulante de una de las embarcaciones llegadas de la Asociación de marineros de Bouzas-Vigo, felicito a “O mestre” por la foto donde podemos ver a las cuatro embarcaciones de dicha Asociación.

  2. Os barcos son de Bouzas, onde naceu a pesca industrial, naqueles primeiros barcos de vapor foi onde os mariñeiros saíron a pescar fora da plataforma galega. E agora queren quitarnos os barcos, e os estaleiros onde se construían.

  3. Felicito os meus mariñeiros de Bouzas, gracias o seu traballo se pode seguir disfrutando da navegación tradicional pola Ría de Vigo, e… mais alá.
    Unha aperta a todos!

Comments are closed.