Xa hai cartel para o VIII Encontro

Etiquetas

12 cometarios sobre “Xa hai cartel para o VIII Encontro

  1. Con titular Xa Hai Cartel esperto a maña do domingo, ollando un cartel anunciador dos VIII encontros de barcos tradicionais a celebrar na ría de Ferrol,nos peiraos de Curuxeiras, Ferrol Vello.
    Teño de recoñecer que topei cunha sensación parecida a cando me espertan os foguetes da festa,xa que non existía eu cando a guerra civil, pensei “ e o Guernica”, lembrei de súpeto o que un paxaro (por suposto non de Poio), dixérame hai unhas semanas,”que ían facer un concurso publico entre estudantes”, da cousa esa do arte, confeso que tiven unha sensación de critico instantánea, de iso do arte e pensei que podería gañarme a vida , participando nesa cousa tan divertidas dos foros da interneta e que trocan hoxe as conversas nas tascas(chateando) acabando coas nosas institucións como son bares lavadoiros públicos etc.gañarme a vida como critico, naturalmente, dadas as grandes calidades, que a natureza me deu , para o das tascas claro .Comecei a elaboración dunhas liñas (como Luis Rei non de pescar), para a miña crítica, como algunhas veces escoitei ou lin a os expertos,analizado o conxunto da totalidade total e absolutamente absoluta do conxunto da obra conxunta,observase o profundo tamén profundidade de campo, algo que moitas veces escoitei a moitos expertos que cando afotan,non como eu en automático din, e do que eu non teño nin puta idea do que quer dicir,si sei que nas publicacións de as imaxes afotadas, sempre esta a firma aínda que non se fale da imaxe,vexo tamén moito coñecemento do autor-a outores-as da mensaxe que nos transmiten a nos o colectivo de avezados balandristas e clava puntas,
    que dende hai anos mareamos polos portos de Galicia e outros pobos da península e tamén o mundo,sen dubida o coñecemento debérono adquirir por eles ou por algún de nos, refírome os clava puntas e insignes mariñeiros, pois destaca profundamente, que e para anunciar a nosa concentración ou encontro de barcos tradicionais non como algún pode pensar unha representación petroglifica de un Sunami ou cousa parecida, nin tampouco un logotipo da denominación de orixe do piñeiro galego na súa variante cabo Prioriño, costa Ártabra ou da cerna do noso:
    Meu Carballo Carballiño ( Escrito por un amigo mal poeta
    Tan Lonxe Tan Pretiño non fixo del unha boa teta)
    Zoado Polo Mareiro Vento
    Libre Da Queima Dun Porquiño
    Ferido Polo Carpinteiro
    Ferido De Azoa e Mazo
    Todo El Tan Escraviño
    Tocáballe O Peito co espiñazo
    Como anuncio dos encontros, considero que e tecnicamente perfecto, cumpre coa súa misión informativa,nos fins que ten previsto, recolle, un vello desexo de moitos de nos,coa figura (como no Guernica superposta),de unha tipoloxía mais plural dos barcos en especial das rías altas e norte da península (non pensedes tampouco que e un gorro de albañil) outrora nos encontros considerabamos pouco representada e afortunadamente mais representada hoxe a tipoloxía tamén mais universal, que me inspira como inspirou e fixo reflexionar e escribir a Castelao aquel can na Fisterra Francesa, ladrando como os cans de Galicia no linguaxe universal dos cans,descoñezo si o Xunco Chino esta ven representado na figura, pois sabedes que os Chinos era tan rariños que navegaban de bolina hai 2000 ou 3000 anos,pois se non están que se amolen xa que non son convidados de honra.Por ultimo fáltame saber si o cartel, fixérono nunha gardería local
    ( de Ferrol ou de outra vila), e supoño que o xurado,como no premio Planeta non permite que quede o concurso deserto,nada mais compañeiros gran traballo, engadilo na exposición dos encontros,
    “Por certo son un tal Bedoya de Ferrol” 5 do 3 do ano 20007 do noso señor

    1. sublimes verbas! como xa se ten berrado moitos días e algunhas que outras noites:
      Bedoya Presidente!!!

    2. Haberá leña, haberá fogo, mais non é verdade que o mais tradicional e feito a man e tamén mais universal no seu concepto mais amplo e un bote de Ferrol en papel.
      A min gustame o cartel.

      1. Non hai outras ideas para outro póster ? Este eche ben facilón . Como dín os programas informáticos “ver outras alternativas ”

        1. A min o cartel pareceme orixinal e chamativo, salese do habitual, fotos antigas, e tal. Polo pouco que sei seleccionaron o dibuxo para o Encontro de Ferrol entre máis de 20.
          O que pasa e que predicar é moi doado, dar trigo menos.
          O demáis son cousas de desocupados que largan o lapiz a pacer. Conachadas como din os de Ferrol.

          Un de Celeiro.

          1. Noraboa polo traballo do cartel, a min paréceme moi bo. Gústame que ensina a beleza da madeira e non encasilla ningún tipo de embarcación.

            Un cascarilleiro.

          2. Bedoya, crédeme que vos quere a todos.A miña aboa dicía “como vos poñedes para morrer”.Téñovos que dicir en primeiro lugar que a culpa da polémica do cartel tamén a ten Zapatero,que esta a vender o nosos ríos Xuvia e O Da Sardiña e polo tanto o noso patrimonio,marítimo fluvial, (parece que xa vendeu navarra tamén) e nomeou a unha ministra que xa dixo na tele que os galegos xa temos barcos grandes dabondo e que no futuro navegaremos nos faluchiños eses que constrúen os compañeiros de Bouzas e que se non queremos así, farémolo en barquiños de papel.Queridos compañeiros eu gosto moito de todos os comentarios do cartel na interneta, todos eles moi valiosos, creo que o autor,co tempo estaranos agradecido, pero vou facer unha agarimosa aclaración. Eu como dixo o Sr. FRAJA nas cortes galegas (esas nas que falan eee) as outras son nas que dormen as Puchas e Xovencas Marelas que pacen e outros seres vivos, “”ANTES MORTO QUE OCIOSO”” dixo. Na percura de mostrarllo a ese corresponsal que temos en ¿ CELEIRO? envío unha proba en forma de dúas afotos nomeadas como calafateo e varada as que podades ver en novidades.Tanto choio teño que ei de admitir que as veces fago explotación infantil no traballo. Mira si traballamos que varamos dous barcos vaporetos modelo rodman mil e algo, preto da igrexa de San Andresiño da Graña onde predican e dan cebada, aínda que ti non a coñecerás por seres de Celeiro, peeeero si tes mais información que moitos de Ferrol , ¿ ou non?. Direiche “compañeiro de Celeiro” que os desocupados non por selo son parvos, moitos son por ricos outros por probes outros por empresarios etc. Como remate como ensinoume un bo amigo meu (nome de guerra Crispín)” eu sempre firmo os meus anónimos”, e sempre agardo que nas nosas publicacións non calle o mal exemplo dunha costume que teñen certos profesionais, nos xornais de prestixio, de asinar como redacción ou con pseudónimo, cando escriben maldades mentireiras argalladas, e con nome propio cando realzan o seu ego.
            Cesar Bedoya( un Conacho de Ferrol “Vila Podre segundo os nosos veciños Cascarilleiros”) 12-3-2007

          3. Canto tempo para perdelo,merece tanta resposta?
            NOn teran bastante choio, orgaizando os encontros?
            outro de “CELEIRO”

          4. Onte, grazas á iniciativa dunha Asociación Cultural ferrolá da que formo parte “Lefre de Caldereta”, algúns ferroláns e ferrolás alleos/as —aínda que no contorno— a este mundo apaixoante da recperación da cultura e o patrimonio marítimo, puidemos coñecer de primeira man, tanto o traballo longo e intenso de xentes coas que a cotío compartimos uns viños pola vila, así coma o reto da organización do Encontro de xullo.
            Eu, sinceramente, ferrolán que ten collido algunhas ameixas, minchas, berberechos e mexillóns, e pescado algúns panchos, fanecas e “doncellas” pola ría adiante… e pouco máis; quedei abraiado de todo o labor que estades todos/as a facer. Dóeme ter que recoñecer a miña ignorancia sobre algo tan fermoso e digno.
            Noraboa polo voso labor… e outra cousiña.
            Falar do cartel, da imaxe que representa os encontros é importante, tanto coma todo o traballo de comunicación, loxística e márketing que debemos comezar a aprender a utilizar nestas cousas tamén. Temos que estar no mundo e ao nivel que nos corresponde. Por iso non creo que sexa perder o tempo falar do asunto —eu paseino ben lendo os comentarios e ademáis aprendín bastantes cousas—. Outra cousa é que nos limitaramos a iso, que non será o caso.
            Estou seguro de que o “zipo” que quere queimar o cartel, vai rematar pegándoo polos bares de Montecuruto, de Ferrol Vello e de todo Ferrol e comarca, e presumindo, e participando dos Encontros.
            Ao mellor é que os de Celeiro non coñecedes ben a idiosincrasia ferrolá… e por certo, a min o cartel paréceme que é moi suxerente.
            Saúdos desde terra e ao pé do mar… na beiramar?

    3. lo mejor que puede hacer el sr. bedoya es inmolarse ante su desesperacion al dejar de ser el centro de atencion. Deja ya en paz a la gente,a los profesionales de ésto, aficionados y otros. y alejate sin sembrar mas el mal por donde quiera que vas, cabrón.

  2. Parabéns polo cartaz, a min paréceme que está ben pensado e que se axusta ás súas funcións principais: chamar a atención para que a xente se fixe en el e dar a información máis básica sobre o evento: contido xeral, lugar e data.

    Ánimo con eses encontros. Óllarémonos en Ferrol.

  3. O barquiño de papel
    O barco de papel é un dos xoguetes máis elementais e divertidos que podemos construír na nosa infancia. Representa os nosos desexos de aventuras e ademáis ten algo que é impagable: o construímos nos coas nosas propias mans.
    Unha simple folla de papel, unha pregadura por aquí, outra por alá e horas e horas ollando como flota e navega daquí para alá, no río, na ribeira das nosas rías, na charca ou nas correntes da choiva rúa abaixo.
    A imaxinación é o mellor xoguete que existe. E nos temos dabondo. Hai case que tres lustros soñamos uns encontros de embarcacións tradicionais. Soñamos que poderiamos cambialo rumbo da defensa do noso patrimonio marítimo. Viamos luz ó fondo do tunel. Sabiamos que escamparía e os nosos barcos e a nosa cultura marítima tiña futuro. Hai case tres lustros construímos un barquiño de papel…
    Querovos deixar cunha canción que é unha das primeira que aprenden os nenos cubanos, ainda cando non saben ler nin escribir. É unha canción que non ten fin… como o noso amor polo mar e a nosa cultura e di así::
    Barquito de Papel,
    Amigo fiel,
    Llévame a navegar
    Por el ancho mar,
    Que quiero conocer
    A niños de aquí y de allá
    Y a todos llevar
    Mi flor de amistad.
    Abajo la guerra,
    Arriba la paz,
    Los niños queremos
    Unidos estar.
    Abajo la guerra,
    Arriba la paz,
    Los niños queremos
    Reír y cantar.
    P. D.: Sobre o cartel. “Para gustos se pintan colores…”, pero xa é o noso cartel. A min gústame, pero xa se sabe que os de Riveira estamos un pouco para alá. Navegaremos xuntos pola ría de Ferrol. Noraboa a Ferrol e á organización dos Encontros. Bó vento e mellor rumbo.

Comments are closed.