Xa lle falta menos ao Illa de Cortegada


Pasa o verán e volve a actividade normal, pero neste tempo as cousas non paran por completo, e no que se refire ás construcións en curso tamén hai novidades.
O galeón Illa de Cortegada, construido por iniciativa de Rompetimons e co financiamento do concello de Vilagarcía, xa case ten rematado por completo o seu casco e só resta montar o motor, a enxarcia e o velame.
No xornal El País do pasado 2 de setembro hai un interesante artigo de Deborah Castro sobre este barco e sobre o seu constructor, Manuel Mougán.
(Foto de Mariluz Miranda, tomada de el País)

Etiquetas