Xeitos de vivir o mar

En Chapela, na ría de Vigo, estase a levar adiante unha experiencia moi interesante de imbricación do mundo marítimo no traballo diario dun colexio de primaria.
No CEIP Laredo, o proxecto “Vivir o mar” pretende facer que os rapaces vexan como algo propio o entorno no que viven (ver foto de arriba), non so o natural , senón o comercial, laboral e o social. E todo esto desde a experiencia activa e non simplemente libresca. Por exemplo, os nenos sementaron ameixa na praia, e tiveron que ver como os furtivos atacaron a súa “horta”, tal e como lles pasa aos mariscadores cada día.
Todo este traballo difúndese a través dun blog que recomendamos vivamente, e que é unha mostra de como os rapaces poden facer uso das tecnoloxías, moitas gratuitas, para crear materiais de moita calidade, entre eles moitos videos e unha galería de fotografías antiguas de Chapela a moi alta resolución.
Felicitamos aos mestres do CEIP Laredo por este traballo tan meritorio.

Etiquetas

2 cometarios sobre “Xeitos de vivir o mar

  1. Grazas por facervos eco da nosa iniciativa que se desenvolveu ao longo deste curso escolar 06/07. Este tipo de ligazóns/artigos permítenos seguir adiante con moitos máis ánimos.

    Decirvos que para o vindeiro curso escolar 07/08 seguiremos “navegando” con proxectos parecidos a prol do medio mariño no que estaredes máis que invitados xa que sodes un referente neste eido.

    Moi agradecidos, de novo, por difundir a nosa experiencia.

    Seguímosvos de preto.

    Apertas.

    1. Gracias a vos polo traballo. Esperamos que cunda o exemplo e nazan máis iniciativas.

      Saudos

Comments are closed.