XI Regata-Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes

Os vindeiros 26 e 27 de xullo vai ter lugar a XI Regata-Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes, que como todos os anos organiza o Club Marítimo de Redes. Este ano é o 100 aniversario do Sauntress, o fermoso barco de Martin O’Scannaill, un dos protagonistas dos desafios entre barcos que haberá o día 26, ese mesmo día haberá cea mariñeira (previa inscrición) e o día 27 será a Grande Regata de Embarcacións Tradicionais o principal evento. Pola noite ese día haberá callos gratis e música dos 80 en vivo.
Máis información no programa do evento.

Etiquetas