XII Semana do Mar. Marín

Do 5 ao 11 de decembro vai ter lugar na Casa da Cultura de Seixo, en Marín, a XII Semana do Mar, organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete “Chirleu” e o Grupo Cultural Ronsel.

O programa é o seguinte:

  • Luns 5, 20:00 h Inauguración da exposición “Os oficios do mar”
  • Martes 6. Excursión ao Museo Casa do Barco en Vila do Conde, con saída ás 9:30 h desde Seixo
  • Mércores 7, 20:00 h Conferencia de José M. Castaño García “Para ser grumete. Unha experiencia na divulgación da historia marítima”
  • Xoves 8, 20:00 h Proxección do documental “Mercadores e baleeiros. Unha historia de ultramar” de Crónicas TVE
  • Venres 9, 20:00 h Conferencia de Xosé Luís González Escalante “Xenese do Museo da Pesca e da Salga. Salgadeiras de Moreiras no Grove”
  • Sábado 10, 18:00 h Conferencia de Covadonga López de Prado Nistal “O Museo Massó. O museo que medrou dentro dunha fábrica de conservas”
  • Domingo 11. 11:00 h Saída a vela en embarcacións tradicionais. Ás 18:00 h Clausura coa proxección dos documentais “Cadernas de historia. ARte e oficio da dorna”(2014) e “Traiñas” (2016) de Víctor Gallego e Bruno Ordóñez, para Mardefondo Producións
Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *