XII Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña

O sábado 8 de agosto vai ter lugar a XII Xuntanza de embarcacións tradicionais de Moaña, organizada por Sueste. A concentración dos barcos será a partir das 12:00 h no muelle da Mosqueira. Haberá navegación pola mañá e pola tarde.

Sueste organiza un completo programa de actividades ao redor da Xuntanza que dará comezo o día 4 e culminará o sábado coa Xuntanza propiamente dita. Entre o amplo programa de actividades podemos destacar presentacións de libros, exposicións, a proxección do documental Gaiteiros do mar, e “Océano para terrícolas” a presentación musical do libro Contos do mar de Irlanda de Xurxo souto, e especialmente as xornadas de portas abertas dos estaleiros de Carlagho e Casqueiro todos os días de 19:00 a 21:00 h.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *