XIII Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro


Xa hai programa provisional para a XIII Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro.
Venres 22: Pola tarde arribada, cena e concerto na explanada de A Canteira.
Sábado 23: Navegación libre, III regata da pamplina de remos e vela, entrega de premios e pola noite música en directo para amenizar a cena e despois concerto na explanada de A Canteira.
Domingo 24. Navegación libre e I concurso de curricán desde embarcacións tradicionais cun obsequio para todos os inscritos e premios para o peixe maior e a maior captura. Xantar e despedida das embarcacións a partir das 16,30 H.

Todos os dias exibirase un documental adicado a Galiza en Brest.

Este ano, para o amarre das embarcacións, utilizarase o pantalan de tránsito do novo porto deportivo. E importante inscribirse canto antes para organizar os amarres según os metros de eslora.

Para a inscrición hai disponible un formulario. Para máis información contactar no 636076031