XIV Concentración de Embarcacións Tradicionais. Festa do Mar. Poio


Os vindeiros 21, 22 e 23 de agosto vai ter lugar a XIV Concentración de embarcacións Tradicionais de Poio, coincidindo coa Festa do Mar.
Organizada polo Clube Mariño A Reiboa, será no porto de Combarro, e recomendase facer a inscrición o antes posible para facer reservas de atraque, para eso esta disponible un formulario, ou se hai algún problema podedes contactar coa organización no teléfono 636076031
O programa específico da concentración é

VENRES 21 DE AGOSTO:

17:00 H- Arribada das embarcacións durante toda a tarde.

– Apertura da exposición dos traballos participantes na elección do cartel e exposición fotográfica do Clube Mariño A Reiboa.

21:30 H- Apertura do comedor na carpa mariñeira.

23:00H- Gala Musical no muelle da canteira.

SÁBADO 22 DE AGOSTO:

11:00 H:- Navegación libre.

12:00 H.- Apertura de exposicións na carpa mariñeira.

13:00 H.- Regata a remos de embarcación tradicionais.

14:00 H.- Apertura do comedor na carpa mariñeira.

17:00 H.- IV Regata da Pamplina. (Regata de embarcacións tradicionais a vela).

21:00 H.- Recollida de premios das regatas, do cartel gañador e do socio de honor 2009.

22:00 H.- Gran concerto na carpa mariñeira de DAKIDARRIA.

24:00 H.- Fogos de luceria.

DOMINGO 23 DE AGOSTO:

11.30 H.- Volta a illa de Tambo nas embarcacións tradicionais.

12:00 H.- Apertura das exposicións na carpa mariñeira.

14:00 H.- Apertura do comedor na carpa mariñeira.

16:30 H.- Clausura da concentración e despedida das embarcacións o longo da tarde.

Etiquetas

2 cometarios sobre “XIV Concentración de Embarcacións Tradicionais. Festa do Mar. Poio

  1. Quero pedir disculpas polos erros de organizacion da regata da Pamplina de este ano en Combarro. Tomarei nota deles para que non pasen o proximo ano.
    O que non quero, e que se perda o espiritu dos encontros de combarro, e tampouco que deiseds de vir por esto.
    Sei que a algunha xente lle sentou mal o da regata, por eso reitero as miñas disculpas.

    1. Non te agobies Rober, xa o di o nome, é unha regata na que hai moita Pamplina, o que importa é que pasámola tarde no mar disfrutando das nosas embarcacións.

Comments are closed.