XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro

Os vindeiros días 22, 23 e 24 de agosto vai ter lugar a XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro, organizada polo Clube Mariño A Reiboa.

O programa da Concentración como noutros anos é amplo: navegación libre, regata a remos, a IX Regata da Pamplina, proxección dun documental, exposicións fotográficas, Mostra de canción mariñeira, e actuacións musicais moi variadas.

Os interesados en participar co seu barco teñen que cubrir a folla de inscrición e enviala a cmreiboa@gmail.com o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores coa distribución de atraques e previsión de comidas.

Etiquetas

2 cometarios sobre “XIX Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *