XIX Parrocheira. Ferrol

O vindeiro día 3 de setembro vai ter lugar no Ferrol a XIX Parrocheira, organizada polo Club do Mar de Ferrol.

O programa inclue navegación mañán e tarde e degustación do tradicional xamón e outras viandas no chiringuito dos Xardíns da Ranita, en Curuxeiras.

Este ano o protagonista vai ser o Enxebre, que está de aniversario, 75 anos. Desde 1936 está a navegar na ría de Ferrol (e noutros mares), e está en perfecto estado, grazas aos coidados de Susa, a súa armadora. Abaixo podedes ver unha foto do Enxebre no X Encontro en Carril.

Etiquetas

Un comentario sobre “XIX Parrocheira. Ferrol

  1. A Tia Susa nos engana a todos o que ten non é un barco, comprobaredes que é un chinero un anonimo de Montecuruto

Comments are closed.