Xornada “Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dubidas.” Proxecto NEA2

O vindeiro día 25 de febreiro vai ter lugar no Centro Comarcal do Salnés, en Cambados, a Xornada “Embarcacións patrimoniais: navegando por un mar de dubidas.” dentro do Proxecto NEA2.
Intervirán representantes da Dirección General de la Marina Mercante, Consellería de Cultura, L’Atelier de l’enfer, Proxecto NEA2 Francia, Museo do Mar de Galicia, Museo Marítimo de Barcelona, e Proxecto Dorna.

O obxectivo da xornada é estudiar a situación actual dos barcos de interese patrimonial, tanto do punto do vista da súa protección como Patrimonio que son, como desde o punto de vista da normativa de navegación que lles é de aplicación e inclusive desde o punto de vista das dificultades para establecer unha definición de embarcación tradicional que non estea suxeita a interpretacións en cada caso que se presente.

Pensamos que é unha oportunidade interesante e importante, porque é a primeira vez que coinciden Cultura e a DGGM, as administracións con responsabilidades nos barcos de interese patrimonial.

Actualización: A noticia no Faro de Vigo

Etiquetas