Xornada Técnica de Navegación Tradicional. Sada


O vindeiro día 30 de maio vai ter lugar en Sada unha Xornada Técnica de Navegación Tradicional, organizada pola A.C.Mariñeira “Os Patexeiros”.
Será as 11 da mañán na Casa da Cultura, e consistirá nunha conferencia sobre as embarcacións da zona norte, a cargo de Bernardo Máiz e César Bedoya, seguida por unha mesa redonda na que participarán o Capitán Marítimo de Sada, o presidente da AAETG, o director do Museo do Mar de Galicia, e o presidente de Portos de Galicia.
Logo dunha comida na que é preciso apuntarse, haberá unha reunión con xente maior de Sada e debate sobre a retauración do Balbina, un patexeiro de 1944, con visita ao barco e ao paseo marítimo de Sada.
Máis información e inscrición en Patexeiros

Etiquetas

3 cometarios sobre “Xornada Técnica de Navegación Tradicional. Sada

  1. Moi boa esta Xornada Técnica. Totalmente recomendado para outra ocasión, para o que non pudo ir desta vez. Faláronse cuestións de moito interés para todos os aficionados. Os ponentes levaban os deberes feitos e contestaron a todas as preguntas que se lles fixeron, e prometeron botarnos unha man en certas cuestións. A comida con que nos deleitaron, impresionante, e a xornada de tarde estupenda, coa participación da xente maior de Sada, contándonos as súas vivencias e falándonos dos motores de mecha, dos patexeiros, etc… Eles son a memoria histórica. Tamén estivo fenomenal a visita polo paseo marítimo.

    1. Moi dacordo, as intervencións de Bedoya e Maiz e as proieccións que fixeron clarearon moito que é e como é o patrimonio maritimo do norte de Galicia. Despois o capitán maritimo de Sada e o de Portos de Galicia moi clariños, non esquivaron nada, e Victor e Pablo Carrera deron unha lección.
      Felicidades aos Patexeiros e adiante.

      1. Eu fun a Sada á tarde e os comentarios do que ytrataran pola mañán eran moi positivos.
        As explicacións que deron os de Ferrol dos barcos que había en terra foron moi boas.

        Agora que se apunte xente.

Comments are closed.