Xornada “Xestión Integrada de Zonas Costeiras”

O vindeiro día 25 de outubro vai ter lugar no Castelo de Santa Cruz en Oleiros a Xornada “Xestión Integrada de Zonas Costeiras” (Programa). Organizada pola Confraría de Pescadores de Sada e coa colaboración do CEIDA, pretende dar a coñecer as estratexias que as Administracións Públicas están a desenvolver para acadar unha xestión integral do litoral, así como divulgar proxectos demostrativos que están traballando para un desenvolvemento sostible destas zonas e debater sobre o futuro do sector pesqueiro, principalmente, da pesca de baixura e da pesca artesanal.
A asistencia é gratuita, pero é preciso inscribirse previamente. Desde a organización avisan que o aforo é limitado e xa quedan poucas prazas.

Etiquetas