Xornadas de posta en valor do Patrimonio Cultural Marítimo do Golfo Artabro

Co tema do valor das embarcacións tradicionais como recurso turístico, a partir do sábado 12 de marzo e ata o 9 de abril van ter lugar en Mera e Lorbé as Xornadas de posta en valor do patrimonio cultural marítimo do Golfo Ártabro.
Están organizadas polo Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro, e contan coa participación como colaboradores da ACM Os Patexeiros, de Sada, e o CN Punta Bufadoiro, de Mera.
As xornadas desenvoveranse en catro sábados de 10:00 a 14:00 h e contan cun programa moi completo, incluindo unha visión de conxunto sobre as embarcións da zona impartida por Bernardo Máiz, visita á carpintería de Pepe en Lorbé, visita á Asociación de Redeiras de Lorbé, un repaso á práctica da vela tradicional, unha mesa redonda sobre o pasado, presente e futuro da xente do mar, a presentacion da experiencia de Mar de Lira, e unha charla sobre o Patrimonio Cultural Marítimo como factor de desenvolvemento económico a cargo de Caixal.
A inscrición é gratuita e farase por rigoroso orde de chegada.

Etiquetas

Un comentario sobre “Xornadas de posta en valor do Patrimonio Cultural Marítimo do Golfo Artabro

Comments are closed.