Xornadas do mar da ría de Pontevedra. Combarro

Os vindeiros 28, 29 ,30 de novembro do 2014 van ter lugar no local da Comunidade de montes de Combarro ás Xornadas do mar da ría de Pontevedra organizadas pola AVCR Combarro.

O programa previsto é:

Venres
19:15 h Inauguración exposición e proxección documental «A muller e o mar».
20:00 h Conferencia-coloquio “¿Ten a ría de Pontevedra un futuro ambiental incerto?” a cargo de: Dr. Ricardo Pérez Reboredo (mestre de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo)
Presenta: José Manuel Buceta Torrado (enxeñeiro)

Sábado
20:00 h Presentación do documental «O remo da dorna»
Presentación «Meirande», centro de interpretación da batalla de Rande
Mesa redonda : «¿É viable un centro de interpretación da ría de Pontevedra?», intervirán: Ramón Noia ( dorneiro da Asociación Cabodeiro), Xurxo Constela Doce (museólogo do proxecto Meirande), Juanjo Comesaña López (presidente Adc Rande)
ao rematar actuará o grupo «Gaiteiros das rias baixas»

O sábado 29 en horario de 16:00 a 22:00 h e domingo 30 en horario de 10:00 a 14:00 h permanecerá aberta ó público a exposición «A muller e o mar».

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *