Xulio Villarino. Fotógrafo


 

En Bares vive un fotógrafo, Xulio Villarino. É un fotógrafo profesional que acaba de sacar ao mercado a segunda edición do seu libro Finisterraes. Los faros de Galicia, con fotografías dos faros galegos. Xulio é autodidacta. Empezou traballando como fotoperiodista para La Voz de Galicia, gañou o premio Ortega y Gasset polo seu traballo en Kosovo e agora traballa por libre.
 

O mar é protagonista na obra de Xulio. O mar do norte de Galicia no que vive. Poderíamos decir que as súas fotos son especiais pero o mellor é visitar o seu sitio web e comprobar isto. Non é a técnica, que é moi boa, é a mirada de alguén a quen lle importa o que fotografía. E non só fai boas fotografías, tamén escribe ben, é moi recomendable ler o seu blog.
 

Máis de 4000 fotos están no arquivo do seu web, moitas delas teñen que ver co mar ou os rios. Paga a pena visitar o seu web, volver de cando en vez e seguir a Xulio en Facebook, Twitter ou Instagram para ver os seus novos traballos.
 

Etiquetas