XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. 6/12 de agosto

Actividades da XV Xuntanza de Embarc5acións Tradicionais de Moaña.

Do 6 ó 12 Agosto 2018

6 de agosto a 8 de agosto.-
Portas Abertas no estaleiro de Calragho, de 17,00 a 21,00 horas. Exposición de embarcacións tradicionais e os labores que desenvolve a asociación durante todo o ano.

6 de agosto.-
Ás 19,00 horas, apertura da exposición fotográfica “15 anos de xuntanzas de embarcacións”, Paseo de A Seara.

7 de agosto.-
Ás 21,00 horas. Presentación do libro “Baleas” de Eduardo Estévez, acompañado de Ana Seijas á zanfona. Presenta Daniel Costas. No Salón de Plenos do Concello.

8 de agosto.-
Ás 21,00 horas. Presentación do libro e roteiros “Canteiras no litoral de Moaña” de Tamara Campo Táboas. Salón de Plenos do concello. Organiza concello de Moaña e colabora Editorial Rinoceronte e asociación Illa dos Ratos.

9 de agosto.-
Ás 21,00. Proxección do Documental “Faros de Galiza” do arquivo audiovisual de Galiza. Salón de Plenos do concello. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña.

10 de agosto.-
Ás 17,00. Botadura dun Racú restaurado pola Asociación Sueste. Rampla da Ramona. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña

10 de agosto.-
Ás 21,00. Concerto de OBAL: Música tradicional. Eirado do Ferreiro, A Seara. Organiza Asociación Sueste e colabora concello de Moaña.

11 de agosto.-
XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Peirao da Mosqueira. Ás 12,00 horas.

12 de agosto.-
XV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña. Peirao da Mosqueira. Ás 12 horas.

Está pendente de entrega da revista Sueste nº 3 para facer a presentación da mesma.

http://asociacionsueste.blogspot.com/2018/08/xv-xuntanza-de-embarcacions.html

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *