XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais. Combarro

Os vindeiros días 26, 27 e 28 de agosto vai ter lugar en Combarro a XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais, organizada polo Clube Mariño A Reiboa.
O programa inclue regata de remos, navegación arredor de Tambo, e a famosa Regata da Pamplina. Haberá comida e actuación do grupo Fervellasverzas.
O prazo para inscribir embarcacións remata hoxe, 22 de agosto, os interesados poden facer uso do formulario de inscrición.

Etiquetas

13 cometarios sobre “XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais. Combarro

  1. Ainda que o prazo de inscripción era ata o día 22 de agosto, éste púxose para poder ir preparando as acreditacións, tiques de comida, etc. Así que, seguiremos recibindo calquera inscrición que chegue estes días, pero con canta máis antelación mellor, así será máis doado atender a todos os participantes

    Gracias

    1. estuben intentando entrar pa mandar a inscripcion a traves do link e pon que a pagina non foy topada agradeceria un link ou a dirrecion do formulario de inscripcion.graciñas e un saudo.

        1. Fundeuse o Vaporcito(Adriano III) de Cadiz.E Ven de Interese cultural pola Junta de Andalucia.
          Tratan de rescatarlo ¿qué seria dá Bahía de Cadiz sin o Vaporcito? Ata Rafael Alberti dedicoulle unhas poesias a este barco e para mais honra dos nosos carpinteiros de ribeira que foi feito na nosa terra en S. Adrián de Cobres.

          1. Agardo que o rescaten, mais fagoche unha precisión:

            O “ADRIANO III” foi feito en Maniños (Fene) na ría de Ferrol, o terceiro dunha serie que levaban o nome do armador, Adriano Fernández, mira o libro “As embarcacións de pasaxe daa rías galegas” de Bernardo Máiz, en Edicións Xerais.

          2. Si escribo algo publicamente teño que estar seguro do que fago.
            Fai tempo coñecín este barco en Cadiz e na placa de construción ven grande e moi fermosa estaba grabado o varadero e lugar de construción e non era outro que S. Adrián de Cobres.
            Mais adiante contactei co xerente donde me confirma o lugar de construción.Si queres algunha consulta sobre esto e como o correo
            de esta empresa é público aquí mandocho: adriano@vapordeelpuerto.com
            saludos.

          3. Nesta páxina podedes aclarar esa discrepancia de opinións.

            http://www.gentedelpuerto.com/2010/02/15/556-el-vapor-adriano/

            Según esa páxina o Adriano I foi construído en Maniños, o Adriano II foi construído tamén en Maniños, ainda que non chegou a navegar pola Guerra Civil, pero o Adriano III foi construído en San Adrián.

            Incluso hai unha foto do barco en construcción en San Adrián.

            Unha aperta

          4. SOBRE O “ADRIANO III”, CADIZ, COBRES E MANIÑOS/¡BARALLOBRE

            Non teño por costume terciar en lideiras , mais esta vez si, por alusións e por respostar a un nachiño, pois eu tampouco falo (nin escribo) sen fundamento.

            No meu libro “As embarcación de pasaxe das rías galegas” trato os ADRIANOS nas páxinas 50-54 e 155-156; na fotografía da páxina 54 é visible o folio C-696-4ª na amura de babor dun barco que, segundo as letras de latón dourado que ten no frontal da ponte, é o ADRIANO III. esta embarcación foi construída na ribeira de Maniños /Barallobre, en 1930, e “remontada” en San Adrián de Cobres no 1931, zarpando despois camiño primeiro dunha ruta polo río Guadalquivir e de seguido na badía gaditana; en fin, en “el vaporcito del Puerto” do R. Alberti tamén naveguei eu …

          5. O ADRIANO III foi construido en S. Adrian de Cobres Vigo tal e como reza na placa que ten. Si digo esto tan rotundo é porque miña sogra é unha das propietarias e antes de escribir esto pregunteino, tamén é certo que se construiu un barco na ribeira de Maniños que iva a ser o ADRIANO III, pero na guerra civil prohibironse as inportacións, e o armador Sr. Antonio Fernández tio da miña sogra, so queria motores MERCEDES, logo veu a mundial é o adriano terceiro sigueu na ribeira de Maniños. Cando comenzou a molestar trasladouse a ribeira de Barallobre, e alí sigue parte del, debaixo do recheo do peirao.
            Cesar Bedoya e Bernardo teñen parte de razón, incluso o Ria de Ferrol propiedad de Bedoya tén alguhas pezas de ese barco.

          6. O que ten que facer unha importante aclaración son eu Cesar Bedoya que é nin mais nin menos que eu non escrbin absolutamente nada sobre o Adriano terceiro, primeiro polo descoñecemento do tema, xa que eu o único que si pensaba é que unhas bitas de ferro fundido instaladas no meu Ria de Ferrol, unha en proa e outra en popa,foron dese barco así como unha defensa de cabo trenzada,pezas que no seu dia cederame Arturo Loureiro. Descoñezo por tanto como podo figurar eu como autor do comentario, salvo que producirase ao intentar sen éxito en varias ocasións meter outro que era unha broma a nosa colega Susa, e que ó final conseguín

          7. Vaporsito de Cadiz foi reflotado e pronto fará a ruta do Porto de Santa Maria-Cadiz.enhoraboa a todos pola sua insistencia en non perder este barco tan emblematico.

          8. Quizabes un chisco tarde, pero vou engadir un novo gran de area no `affaire´ “Adriano III”. Sí que foi construído en San Adrián de Cobres, na carpintería de ribeira de Francisco González Portela, pois así confirmáronmo ex-traballadores deste `taller de Paco´ (como lle chaman os veciños). É máis, lémbranse perfectamente da súa construcción, porto de destiño,…si a isto engadimos a páxina de Internet (coido lembrar que é gentedecadi.es), na que o propio constructor mantivo correspondencia, e facilitou hai algúns anos os planos orixinais a un maquetista de Cádiz para que poidera facer unha réplica a escala…

Comments are closed.