XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

Do 17 ao 19 de agosto vai ter lugar o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu. Resistindo a crise Os Galos volven convocar o seu Encontro por decimosexto ano. No programa haberá como sempre navegación libre, cine, exposición, etc. engadíndose este ano obradoiros para os nenos e nenas de martes a venres entre as 12:00 e 13:00 na Sala Amalia Domínguez.

Como sucedeu outros anos presentarase a “Revista de divulgación da cultura marítima e fluvial OS GALOS”, que chega ao número seis. Esta presentación será ás 13:30 horas do sábado 18 no salón de plenos do Concello de Bueu. Asistirán as autoridades locais pertinentes, as coordinadoras da publicación, Ana Álvarez e Diana Bernárdez, e parte dos colaboradores. Este número conta con colaboracións de de Xerardo Dasairas, Salvador Rodríguez, O’ Xedas, Xaime Toxo, Luis Davila, Luis Chapela, Lucía Novas e Guillermo Gefaell.

Os interesados en asisitir co seu barco poden inscribirse no correo galosbueu@yahoo.es. É importante facer a inscrición o antes posible para facilitar o traballo da organización.

Etiquetas

2 cometarios sobre “XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

  1. É con moita pena miña non poder estar aí convosco … Espero estar ai para o próximo ano … Espera que quere das fotos que vos enviei da Regata do Atlantico Azul do día 15 … Estiveron 43 Embarcacións … Foron 6 horas de Regata … Un gran abrazo a todos.
    José Fernandes

  2. Falar do Bueu, faz-me recordar o meu amigo Paco, meu conhecido de
    há cerca de uma década, que várias vezes veio a Vila do Conde, e entretanto falecido.
    Era um homem bastante culto naquilo que respeita a cultura marítima, virtuoso amante do Deus Baco e casado com uma respeitavel Senhora enfermeira, sua fiel companheira de todas as horas.
    Bom seria que não esquecessem a memória deste bom homem, de quanto fez pela cultura marinheira, e o evocassem nestas ocasiões.
    Que descanse em Paz!
    Aos Galos do Bueu, parabéns por mais esta vossa organização.

    Albino Gomes
    Vila do Conde

Comments are closed.