XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de agosto vai ter lugar o XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, organizado por Os Galos.

O programa empeza realmente o día 12 coa inauguración da exposición “Os Galos” na sala Amalia Domínguez, a partir do 13 ata o 16 haberá obradoiros para nenos e nenas e visitas guiadas ao Museo Massó, e a partir do 14 ata o 16 ata haberá saídas pola ría nas embarcacións dos Galos.

O programa dos tres días propiamente do Encontro inclúe navegacións, obradoiros, cine marítimo, visitas ao Museo Massó, e a presentación do novo número da revista Os Galos.

Os interesados en participar co seu barco teñen que facer a inscrición previamente para facilitar o traballo dos organizadores.

Etiquetas