XVIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

Os vindeiros días 15, 16 e 17 de agosto vai ter lugar en Bueu o XVIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, organizado pola asociación Os Galos.

O programa inclue navegacións, visitas guiadas ao Museo Massó e obradoiros para nenos. Este ano o xantar será na terraza do Aturuxo e non na carpa da festa do polbo. A recepción dos participantes será na sala Amalia Domínguez Bua e os que precisen durmir terán á súa disposición o pavillón municipal.

Os interesados en participar no evento co seu barco teñen que enviar un correo a galosbueu@yahoo.es co nome da embarcación, número de persoas que van asistir e día de chegada a Bueu.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *