XX Concentración de embarcacións tradicionais. Combarro

Os vindeiros 21, 22 e 23 de agosto vai ter lugar en Combarro a XX Concentración de embarcacións tradicionais, que organiza o Clube Mariño A Reiboa. A Concentración coincide cos actos da Festa do mar que organiza o Concello de Poio.

Xunto coa tradicional Regata da Pamplina, ademais das navegacións e exposicións haberá proxeccións documentais sobre os galeóns e a recuperación da lancha xeiteira Marina. Conmemórase este ano o vixésimo aniversario da primeira Concentración e os tripulantes inscritos poderán visitar Tambo acompañados dun guía, unha grande oportunidade para coñecer unha illa que ata hai pouco era zona militar e por tanto fora da visita pública.

Os interesados en participar co seu barco poden inscribirse cubrindo este fomulario e enviandoo a cmreiboa@gmail.com o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores.

O programa da XX Concentración é:

Venres

17:00 Recepción das embarcacións
17:00 Apertura das exposicións na carpa mariñeira
20:00 Proxección documental sobre os galeóns
21:00 Cea

Sabado

11:00 Apertura das exposicións na carpa mariñeira
11:30 Navegación (iremos cara a Campelo, para recordar que alí se celebraron as primeiras edicións da concentración)
14:00 Xantar
16:30 Regata da Pamplina a remos
17:00 Regata da Pamplina a vela
20:00 Proxección documental sobre a recuperación da Marina
21:00 Entrega de premios das regatas
21:15 Cea

Domingo

11:00 Apertura das exposicións na carpa mariñeira
11:30 Navegación e conmemoración do XX Concentración( Visita a Tambo para os tripulantes)
14:00 Xantar
16:30 Despedida das embarcacións e peche da Concentración

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *