XX Regata Almirante Rodriguez Toubes

Os vindeiros días 14 e 15 de maio vai ter lugar a XX Regata Almirante Rodriguez Toubes, organizada polo Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval Militar. Esta proba é puntuable para o Campionato Galego de Clásicos Agabace. Os interesados en particpar no apartado de clásicos deben estar en posesión dun certificado de rating JCH que se pode obter de forma gratuíta. No anuncio de regata hai información completa sobre esta regata e a preinscrición deberá facerse antes do 12 de maio.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *