XXII Volta a Illa de Arousa. A “Nécora” abreu a veda

Poderá haber Regatas pero hai unha única, sin deixar de valorar outras tan fermosas coa a Volta a Rúa ou a mesma Regata do Bao, … . A Volta a Illa de Arousa é única.

Pocas veces se ven mais de 40 velas de dorna tomar unha saida, na Volta a Illa este caso nos últimos anos dase sempre. E os novatos non asisten. A regata seguese ó redor do litoral da Illa e a idea da ACD. Dorna de facer da saida un desfile polo Bao, para lucimento das embarcacións, un acerto.

As 4 da tarde con moito público por terra e mar. Tomaban a saida as máis de 40 dornas que se xogaban a honra de completar o percorrido. Había aviso da Organización que por seguridade poderíase remolcar a calquera dorna que a mesma estimase.

Na cabeza saían ben os favoritos que colleron a “bolina” ó remontar o Aguiuncho, quedabase un pouco atrás a Zoa de Lajareu, logo remontaría. Xa o pasar polo Campelo, no extremo norte da Illa se definían claramente as posicións, 1º Cariñosa, 2ª Necora e 3ª Pereka, tres numeros un, seguidos nada menos que pola Fuxe a Josefa e a Liviana.

O vento do Oeste (travesía) favorecía a regata, as embarcacións desplazabanse rapidamente e calquera erro podíase pagar caro. Por atrás os bailes na clasificación iban en función do acerto o elexir o rumbo, nesta ocasión ninguén pasou por fora do Areoso, sorteando os Camallóns a “un largo” todo mundo fixo este traxecto moi rapido e así no Faro da Lobeira, plantexabase o remate coas posicions definidas claramente. Todo era favorable para que a “Cariñosa” rematara primeira, mantíñanse as posicións, pero un forte ataque da “Necora” con Braulio e Jarri, que supo negociar mellor o vento provocou un emocionante final onde despois de 2 horas e 26 segundos cruzou a liña de meta en primeira posición, 20 segundos máis tarde, desolación na “Cariñosa” con Checo e Victor, que fixeron mais que méritos para gañar, e dou fé, a “Pereka” que entrou en 3º lugar, Dorado e “Chica” tres veces gañadores (o mesmo que R. Blanco “Monchitos” e Tomás Perez).
Despois entraron a “Fuxe” dos Parada, pai e fillo o relevo xeneracional da familia Parada, a “Josefa” nunha gran regata e a “Liviana” de Tomas Perez sin “Peixe”, a “Chunga” de OGrove, Fabián mantense firme, 8ª chegou a “Zoa” con Charly e J. Bermo (gran remontada), despois a “Caracola” que segue a confirmar que non son unha casualidade e 10ª a “Bazarra”, sin Pardavila con Inasio e Camba. Despois ata 40ªe tantos. Todos eles dignos e mariñeiros.

Parabens os “Necoras”: Barulio e Jarri, levaban tempo esperando esta ocasión e confirman o seu inicio de tempada.

(F. Piñeiro)

Un post sobre a regata e fotos en Lajareu

Etiquetas