XXIV Regata do Bao

O vindeiro sábado 4 de xullo ás 16:00 horas vai ter lugar a XXIV Regata do Bao, organizada pola ACD Dorna.

Esta regata é a única que ten a súa saída desde terra e na que hai que aparellar a dorna despois de dar a saída. A saída será da praia do Bao, na Arousa, e o percorrido será comunicado no momento de inscribirse, como en pasadas ocasións.

Lembramos a obrigatoriedade de ter os seguros en regla e cumprir coas medidas de seguridade.

Etiquetas