XXV aniversario do I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. 20/22 de xullo – Ribeira

A Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna invita a celebración do XXV Aniversario do I Encontro de embarcación tradicionais:

Comprácenos convidarvos a participar no Evento conmemorativo do XXV Aniversario do I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrou en Ribeira no 1993, xerme dos que se celebraron a conticuación.
 
Adxunto envíase a  información relativa e de interese para os colectivos da celebración do  XXV aniversario do I Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia  que se celebrará do 20 ao 22 de xullo e que organiza a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.
 
A xuntanza complementarase coa programación da Festa da Dorna.
 
Aloxamento
No albergue municipal, situado nunha zona tranquila a menos de 400 metors dos amarres das embarcacións, as liteiras serán asignadas por orde cronolóxico de chegada de inscricións. As instalacións dispoñen de duchas e aseos.
Xantares e ceas
Os xantares e ceas faranse no restaurante Airoa previa reserva do día anterior, a  5 €, a elexir, dous primeiros, dous segundos, café, chupiño e postre.
Serán a cea do venres, xantar e cea do sábado e xantar do domingo. Para as tripulacións que queden ata o día 24 haberá a cea do domingo, e a comida e cea do luns, a comida do 24 será gratuíta na Romería Dorneira.
Reservaranse as comidas e ceas cun día de antelación. Cada asociación deberá indicar o número de tripulantes e xantares que quer reservar.
Embarcacións por terra 
Para as embarcacións que veñan por terra e así o indiquen, habilitarase un estacionamento para os remolques. baixada das mesmas na rambla do porto, no caso de precisar guindastre rógase que se indica con antelación para unha mellor xestión.
Enlace de inscricións embarcacións para participar os colectivos e as súas tripulacións.
 
Preme calquera dos seguintes enlaces e segue as instruccións.

https://chat.whatsapp.com/0oiQ4HWLSHrDJ0tFyadB1O

– Programa e navegacións

Venres 20 de xullo
–  A partir das 12:01 chegada de tripulacións e embarcacións, amarres e acomode de tripulantes no Albergue.
–  Obradoiros e Ambientación musical e gastronómica durante todo o día
  20:01 Acto de homenaxe aos coelctivos presentes na I edición do Encontro e agasallos para os presentes no XXV aniversario.
  21:31 Cea das tripulacións.
  22:29 Concertos
Sábado 21 de xullo
 10:00 Reunión de patróns
 11:36 Proa a ritmo de gaita
 14:31 Xantar das tripulacións
 16:00 Reunión de patróns
 16:30 Proa a Coroso, navegación pola ría, romería e xogos populares.
 21:32 Cea das tripulacións.
 22:32 Canción de Tasca
Domingo 22 de xullo
 11:00 Navegación libre
 14:31 Xantar de despedida das tripulacións (das que se vaian)
 16:32 Programación Festa da Dorna
  22:29 Concertos
As Tripulacións e Embarcacións que o desexen poderán seguir gozando de dormida e das comidas e ceas ata o 24 de Xullo para seguir disfrutando coa programación da Festa da Dorna
Luns 23 de xullo
 11:00 Navegación libre
 14:05 Xantar das tripulacións
 16:32 Proa ao Touro
 20:32 Programación Festa da Dorna
  22:29 Concertos
Martes 24 de xullo
 11:00 Proa a Coroso
 14:05 XXIX Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo
 15:05 Romería e xantar
 16:32 Navegación Libre
 21:32 Top Secret
  00:01 Ópera Dorna

Saúdos Dorneiros!

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *