XXVI Regata do Bao

O vindeiro día 16 de agosto ás 16:00 h vai ter lugar na Illa de Arousa a XXVI Regata do Bao, organizada pola ACD Dorna.
Esta regata é distinta das outras porque a saída dase desde terra, coas dornas na mallante sen aparellar. O espectáculo está garantido.

Lembramos que para participar é preciso ter os seguros ao día e as medidas de seguridade a bordo requiridas.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *