XXVII Regata do Bao. Illa de Arousa

O vindeiro sábado 1 de agosto ás 16:00 h vai ter lugar a XXVII Regata do Bao,organizada pola ACD Dorna. A saída será desde a praia da Canteira (Illa de Arousa).

Esta regata é especial porque é a única na que a saída é desde terra e co barco sen aparellar. Por tanto os participantes teñen que correr na praia ata a mallante onde están as dornas, armar vela e temón e logo navegar.

Como sempre lembramos que para poder participar é preciso ter os seguros ao día e as medidas de seguridade a bordo pertinentes.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *