XXVIII Volta a Arousa

Xa chega a máis emblemática proba de dornas, a que non é un triángulo como as outras, a Volta a Arousa.

O vindeiro sábado, 23 de xuño , as 16:00 h vaise dar a saída na praia do Bao, a onde terán que chegar as dornas despois de dar a volta completa á Illa.

Lémbrase a todos os participantes a obrigatoriedade de ter ao día os seguros correspondentes, tanto de barco como de tripulantes, e contar con todos os elementos de seguridade necesarios a bordo para participar (remos, chalecos, rizóns, etc).

Esta regata está organizada pola ACD Dorna, da Illa de Arousa

Etiquetas