XXX Volta a Arousa

O vindeiro 9 de agosto vai ter lugar na Illa de Arousa a XXX Volta a Arousa, a regata de dornas máis emblemática.

A saída está prevista para as 16:00 h na praia do Bao, na entrada da Illa. Esta regata, organizada pola ACD Dorna, tivera que ser adiada por mor do mal tempo na data inicialmente prevista.

Como sempre, lembrarlle aos interesados en participar que é preciso ter os seguros en regla e as medidas de seguridade a bordo necesarias.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *