XXX Volta a Arousa

O vindeiro sábado 5 de xullo vai ter lugar a XXX Volta a Arousa. A saída está prevista para as 16:00 h na praia do Bao, na Illa de Arousa.
Esta proba, organizada pola ACD Dorna, é a regata de dornas máis emblemática, debido a que é a máis longa e complexa. As dornas teñen que darlle a volta completa á Illa, e non sempre é fácil facelo, como quedou demostrado noutros anos.

Lembramos que para poder participar é preciso ter os seguros ao día e as medidas de seguridade obrigatorias a bordo.

Etiquetas