Regatas

Regata de inverno de Lajareu por Barlovento

Os compañeiros de Lajareu por Barlovento veñen de facer público o calendario da regata de inverno e tamén do resto de eventos que teñen previstos para este ano.

A regata de inverno consta de catro probas que serán os días 25 de febreiro, 11 e 25 de marzo e o 8 de abril. Logo da Semana Santa farán a Regata de Primavera os días 29 de abril, 13 e 27 de maio e o 10 de xuño. O 22 de xullo, nas festas de Ribeira, a Regata do Carme e a primeira fin de semana de setembro, o día 2 unha travesía e xuntanza similar a que fixeron este ano.

Regatas do Marisco. O Grove

Mañá 8 de outubro ás 16:00 h vai ter lugar no porto do Grove a Regata do Marisco, organizada por Amigos da Dorna Meca.

O domingo 9 de outubro ás 11:00 h será o Desafío a remos, unha regata de dornas a remo entre equipos do Grove, Cambados e a Illa.

IX Regata Porto Meloxo

Mañá sábado 1 de outubro ás 16-:00 h vai ter lugar a IX Regata Porto Meloxo, organizada por Amigos da Dorna Meca. Nesta regata a saída é desde terra pero co barco aparellado.
Lembramos que para participar hai que ter os seguros ao día e as medidas de seguridade precisas a bordo.

Cambio de data da Regata de Porto Meloxo

A IX Regata de Porto Meloxo, prevista para o pasado sábado foi aprazada para o sábado 1 de outubro ás 16:00 h.

(Imaxe: Saída da regata de 2013, Amigos da Dorna Meca)

III Regata da Valvanera. Cambados

O vindeiro sábado 10 ás 11:00 h vai ter lugar en Santo Tomé do Mar, Cambados, a III Regata da Valvanera. Esta regata organizada pola Asociación A Torre é unha regata de remos onde participan dornas e loros. A saída é na Torre de San Sadurniño e o remate do percorrido será na praia de Santo Tomé

IV Regata Dornas A Vela “Camping Miami Playa". O Grove

O vindeiro sábado 3 de setembro vai ter lugar no Grove a IV Regata Camping Miami Playa, que organiza o Camping Miami Playa co colaboración de Dorna Meca.
A saída será ás 16:00 h desde a praia do Espiño en Pedras Negras, San Vicente do Mar. Lembramos a necesidade de ter os seguros ao día e as medidas de seguridade precisas a bordo para participar.

XXVIII Regata do Bau. Illa de Arousa

O vindeiro 13 de agosto vai ter lugar a XXVIII Regata do Bau, organizada pola ACD Dorna. Esta regata é especial porque é a única que ten a saída desde terra e co barco sen aparellar.
A saída está prevista para as 16:00 h desde a praia da Canteira, na Illa de Arousa.
Lembramos que para participar hai que ter os seguros ao día e as medidas de seguridade precisas a bordo.

Regata Kalmoseira'16. Illa de Arousa

O vindeiro día 6 de agosto ás 12:45 h vai ter lugar a Regata Kalmoseira'16, organizada pola Asociación Calmoseira coa colaboración da asociación Komaira.
A saída será desde o muelle do Xufre na Illa de Arousa. Lembramos que os interesados en participar deben ter ao día os seguros pertinentes e a bordo as medidas de seguridade precisas.

XIV Regata Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes

Os vindeiros 22 e 23 de xullo vai ter lugar a XIV Regata Concentración de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes organizada polo Club Marítimo de Redes.

O venres 22 a partir das 17:00 h haberá desafíos barco contra barco. Poida que sexa outra oportunidade para ver o duelo entre o Sauntress e o Abur.
O sábado 23 a partir das 17:00 h haberá regata-concentración. Ás 20:00 entregaranse os agasallos aos participantes e haberá unha paparota, coa actuación de 3DBAND ás 21:30.

Regatas de faluchos. XII Campionato do mundo

Os Mariñeiros de Bouzas organizan o vindeiro sábado 16 de xullo o XII Campionato do mundo de faluchos. As regatas serán ás 12:00 h na praia de Bouzas.

Haberá varias categorías para competir (infantil, xuvenil, feminina, senior e veteranos). Para participar é obrigatorio saber nada e vogar e no caso da categoría infantil será precisa autorización dos pais.

Distribuir contido