Conferencias

Apuntes históricos sobre vela clásica. Charla

O vindeiro día 24 de febreiro ás 19:30 h no salón principal do Liceo Marítimo de Bouzas vai ter lugar unha charla sobre Apuntes históricos sobre vela clásica a cargo de Luís Tourón, vicepresidente de Agabace.
O aforo é liitado polo que hai que confirmar asistencia nos teléfonos 986 232 442, 986 953 020, en info@liceobouzas.com ou a través de Facebook https://www.facebook.com/LiceoMaritimoDeBouzas/, a traves da web http://liceobouzas.com/ en eventos, deixando comentario co número de persoas que asisten.

O valor dunha balea. O éxito da actividade baleeira foi a causa do seu final

Mañá venres 8 de xullo ás 21:00 h vai ter lugar no Museo Massó a conferencia O valor dunha balea. O éxito da actividade baleeira foi a causa do seu final impartida por Álex Aguilar, comisario científico da exposición temporal De Punta Balea a Cabo Morás. A caza moderna da balea en Galicia e catedrático de Bioloxía na Universidade de Barcelona.

Os estaleiros tradicionais de madeira e os carpinteiros de ribeira. Conferencia

O martes 3 de maio ás 20:00 h Oscar Fuertes impartirá a conferencia Os estaleiros tradicionais de madeira e os carpinteiros de ribeira dentro do ciclo Patrimonio Cultural de Galicia que organiza a Real Academia Galega de Belas Artes. A conferencia será na sede da Academia na Coruña (Pintor Álvarez de Sotomayor, 1).

Oscar Fuertes é doutor arquitecto, participou no Proxecto Dorna e recentemetne defendeu a súa tese de doutoramento sobre as carpìnterías de ribeira. A conferencia tratará sobre os carpinteiros de ribeira, sobre a súa capacidade para construir o seu lugar de traballo, sobre a arquitectura das carpinterías e sobre a situación actual destas.

(Imaxe: a carpinteria do Charango. Proxecto Dorna)

Auga para a vida. Unha visión dende a etnografía

Mañá venres 22 de abril ás 20:30 h na Aula de Cultura Ponte de Rosas ( Avda. da Feira,10- Gondomar), Begoña Bas López, etnógrafa e profesora da Universidade da Coruña, impartirá o faladoiro "Auga para a vida. Unha visión dende a etnografía", dentro do ciclo "Auga e territorio" que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. O obxectivo deste ciclo é amosar una visión xeral de como a auga ao longo de milleiros de anos foi conformando a paisaxe, e de como o home loitou para domala e utilizala tirándolle proveito de moi diversos xeitos.

Begoña Bas ten publicado moito sobre arquitectura popular de Galicia especialmente sobre construcións relacionadas coa auga como pontes, muíños de río ou muíños de maré.

Presentación en Noia do libro «Catálogo de naufragios. Costa da Morte-Galicia»


O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 h vaise presentar no Museo do Mar de Noia o libro Catálogo de naufragios. Costa da Morte-Galicia de Rafael Lema.

Tamén se exporá ao público unha maqueta dun «sancosmeiro» construída por Toño Mosquera Portals. Estos barcos dedicábanse ao transporte no fondo da ría de Noia e armaban vela latina.

As charlas sobre o paseo da Seara en Moaña en vídeo

Xa están disponibles en Youtube as charlas que organizou Sueste para explicar a necesidade de conservar activos os estaleiros de Moaña que ameaza o paseo marítimo da Seara. O evento como se pode ver na foto e nos vídeos estivo moi concurrido, é normal que a xente queira ter información de primeira man para poder facerse unha opinión propia sobre este tema.

Lémbrámosvos que son tres intervencións: Pablo Martínez, presidente de Sueste explicou cal é a actividade de Sueste; Víctor Fernández, representante da FGCMF explicou a importancia da conservación do patrimonio marítimo, e Juan Fernández Rivas, arquitecto, explicou os problemas que plantexa o paseo e a alternativa que el propón que salvaría a actividade dos estaleiros e os elementos do patrimonio que están afectados polo paseo.

(Imaxe: Ana Durán. Territorio Morrazo)

Patrimonio cultural submarino. Charla

Manuel Martín Bueno, catedrático de arqueoloxía vai dar unha charla hoxe venres 7 de marzo ás 19:00 h no Concello de Fisterra sobre o Patrimonio cultural submarino. O profesor Martín Bueno é un dos maiores especialistas en arqueoloxía submarina de España e dirixiu as excavacións dos pecios da flota de Padilla en Fisterra en 1986. Xunto a el estará tamén Miguel San claudio, que en anos recentes continuou as excavacións na zona

(Imaxe Manuel Martín)

A Industrialización en Bueu. A salga e a pesca da sardiña nos séculos XVIII e XIX. Charla

O vindeiro venres 27 de setembro ás 20:30 h vai ter lugar no Museo Massó de Bueu a charla A Industrialización en Bueu. A salga e a pesca da sardiña nos séculos XVIII e XIX. A conferencia será impartida por Arturo Sánchez Cidrás e Xosé Manuel Cerviño Meira, autores do libro A Industria da pesca salgada. A continuación realizarase unha visita guiada polos restos, recentemente recuperados, dunha fábrica de salga dentro das instalacións do Museo Massó

Esta charla forma parte do ciclo Tres momentos da historia de Bueu e está organizada polo Museo Massó en colaboración coa Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta

(Imaxe Museo Massó)

O Bueu romano. Charla

Mañá venres 13 de setembro ás 20:30 h vai ter lugar no Museo Massó a Charla O Bueu Romano. O forno de ánforas e a salga romana de Pescadoira a cargo de Fructuoso Díaz, responsable das escavacións no xacemento romano de Pescadoira, quen exporá a relevancia dos achados e as conclusións da memoria de escavación na que se localizou unha factoría romana de salga e un forno de ánforas.

Esta charla forma parte do ciclo Tres momentos da historia de Bueu e está organizada polo Museo Massó en colaboración coa Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta

(A imaxe de arriba é un coitelo de época romana atopado nas excavacións)

Historia dun paquete de tabaco: a traxedia do Carranza. O Barqueiro.

Mañá 22 de agosto ás 20:00 h no Bar Queiro Hixinio Puentes e Luís Real van dar unha conferencia sobre o afundimento do pesqueiro Almirante José de Carranza por un submarino italiano en 1940. Esta conferencia enmárcase nas III Xornadas Memoria dun Tempo, que organiza a asociación Nordés no Barqueiro.

Sinopse: Na madrugada 19 de setembro do 1940 o submarino italiano "G. Marconi" afundía o pesqueiro galego, con matrícula de Cádiz, "Almirante José de Carranza" a unhas poucas millas do Cabo Vilán. Un só torpedo bastou para botar ó fondo o pesqueiro, arrastrando á tripulación composta por 15 mariñeiros de distintos sitios (A Pobra, Ribeira, A Pedra, O Vicedo,O Barqueiro, etc), dos que só sobreviviu un de Santa Uxía de Ribeira. Nesta historia, pouco coñecida nos seus detalles, ten suma importancia un sinxelo paquete de tabaco que se conserva no expediente depositado no Arquivo de Ferrol...Se queres coñecer máis, achégate.

Distribuir contido