Xornadas, congresos, etc

VII Congreso TICCIH España. As Pontes

Do 5 ao 8 de xullo vai ter lugar nas Pontes o VII Congreso do TCCIH-España (Comité Internacional para la conservación y defensa del Patrimonio Industrial). Este Sétimo Congreso de Patrimonio Industrial ten como lema "El patrimonio industrial en el contexto de la sostenibilidad: repercusiones medioambientales, paisajes de la industrialización, estrategias de regeneración y turismo industrial”.
Trátase de identificar e debater sobre os problemas de xestión ligados á rexeneración, reutilización e intervención en paisaxes industriais, propoñendo novos enfoques metodolóxicos e casos de estudo. De igual modo son obxecto de reflexión as liñas de investigación existentes sobre as arquitecturas da paisaxe, o turismo industrial, e as estratexias territoriais de valorización e activación do patrimonio.

Programa provisional

Xornadas culturais en Bouzas

Os vindeiros días 16 e 17 de decembro van ter lugar dous eventos na nova sede de Mariñeiros de Bouzas. O venres 16 ás 20:00 h haberá unha charla con D. Isidro Alonso Marcial, "Tesouro humán vivo", organizada pola Asociación Cultural Vila de Bouzas e coa colaboración de Mariñeiros de Bouzas.

O sábado 17 de decembro haberá unha Xornada do patrimonio marítimo, organizada por Mariñeiros de Bouzas. Ás 11:00, 12:00 e 13:00 h haberá visitas guiadas ao pantalán de barcos tradicionais. Pola mañá tamén haberá un obradoiro de pesca infantil. Ás 18:00 h haberá a charla Para que conservar o patrimonio marítimo?. E de 11:00 a 20:00 h estarán abertas as exposicións Os primeiros motores foraborda en Galicia, e Patrimonio do vento e do sal.

XII Semana do Mar. Marín

Do 5 ao 11 de decembro vai ter lugar na Casa da Cultura de Seixo, en Marín, a XII Semana do Mar, organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete "Chirleu" e o Grupo Cultural Ronsel.

O programa é o seguinte:

  • Luns 5, 20:00 h Inauguración da exposición "Os oficios do mar"
  • Martes 6. Excursión ao Museo Casa do Barco en Vila do Conde, con saída ás 9:30 h desde Seixo
  • Mércores 7, 20:00 h Conferencia de José M. Castaño García "Para ser grumete. Unha experiencia na divulgación da historia marítima"
  • Xoves 8, 20:00 h Proxección do documental "Mercadores e baleeiros. Unha historia de ultramar" de Crónicas TVE
  • Venres 9, 20:00 h Conferencia de Xosé Luís González Escalante "Xenese do Museo da Pesca e da Salga. Salgadeiras de Moreiras no Grove"
  • Sábado 10, 18:00 h Conferencia de Covadonga López de Prado Nistal "O Museo Massó. O museo que medrou dentro dunha fábrica de conservas"
  • Domingo 11. 11:00 h Saída a vela en embarcacións tradicionais. Ás 18:00 h Clausura coa proxección dos documentais "Cadernas de historia. ARte e oficio da dorna"(2014) e "Traiñas" (2016) de Víctor Gallego e Bruno Ordóñez, para Mardefondo Producións

Workshop Internacional Geografía de la producción pesquero-conservera en la antigüedad, entre el Atlántico y el Mediterráneo

Hoxe 30 de novembro e o 1 e 2 de decembro está tendo lugar no Museo do Mar de Galicia e no Museo Massó de Bueu o Workshop Internacional Geografía de la producción pesquero-conservera en la antigüedad, entre el Atlántico y el Mediterráneo que contará coa participación de investigadores españois, franceses, portugueses e galegos.

Novos usos para os nosos vellos barcos. Moaña

A Asociación Sueste organiza uns talleres dirixidos a persoas entre 16 e 35 anos para difundir o coñecemento das embarcacións tradicionais e dos elementos que as rodean (carpinterías, nós, técnicas de navegación, etc.). Para lograr este obxectivo realizaranse dous talleres nos estaleiros de Casqueiro e Carlagho en Moaña, un mañá sábado 1 de outubro e outro o sábado 8.

O taller do día 1 constará de nocións teóricas para recoñecer as embarcacións tradicioanis galegas, unha visita ás carpinterías, nocións básicas de nós e navegación e un obradoiro de modelismo de medios cascos. O horario será de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 h
O taller do día 8 consistira na navegación en embarcacións tradicionais.

Esta actividade patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia é gratuíta pero precisa inscrición previa que se pode facer enviando un correo co nome, idade, enderezo e teléfono a asociacionsueste@gmail.com.

II Seminário “Mar, Educação e Património”

O vindeiro dia 30 de Setembro de 2016, a Biblioteca Municipal Rocha Peixoto da Póvoa de Varzim realiza a 2ª edición do Seminário “Mar, Educação e Património”, no marco da conmemoración dos 25 anos da lancha poveira do alto Fé em Deus.

O obxectivo desta xornada é compartir coñecementos, experiencias e traballos que os investigadores e profesionais de bibliotecas, arquivos, museus e escolas desenvolven sobre patrimonio marítimo e cultura do mar.

O programa terá duas partes, por un lado as literacias do mar, e por outro os proxectos en colaboración.

A participación é gratuita pero é preciso inscribirse previamente

Trazando rumbos. 9º Congreso de European Maritime Heritage

Do 22 ao 24 de setembro vai ter lugar en Errentería o 9º Congreso de European Maritime Heritage, organizado por EMH e Albaola. Este noveno congreso busca reflexionar sobre as ferramentas que axuden a que o patrimonio marítimo xogue un papel no desenvolvemento económico, social e cultural. O congreso estudiará facilitar a aplicación práctica destas ferramentas e a elección de medidas adecuadas a cada caso.

Congresso Internacional Construção Naval. Arte, técnica e património. Vila do Conde

 
Do 23 ao 25 de maio vai ter lugar en Vila do Conde o Congresso Internacional Construção Naval. Arte, técnica e património. A construción naval en madeira, o patrimonio e o turismo e as memorias sociais e a comunidade son os temas principais do congreso. Este congreso está organizado pola Câmara Municipal de Vila do Conde e enmárcase no proxecto “Vila do Conde. Um Porto para o Mundo”.

A Câmara Municipal está traballando para inscribir as técnicas de construción naval en madeira no Inventário Nacional do Património Cultural Imaterial de Portugal e posteriormente na lista do Património Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO.

O programa do congreso é amplo e variado, destacamos algúns relatorios como o de Carlos Carvalho "Construções navais tradicionais em Portugal. Bases para a elaboração dum corpus" , o de José María Blanco Núñez "Construção naval em madeira El Ferrol (1740-1860)" ou os varios de diferentes autores que tratan especificamente da construción naval en Vila do Conde.

(Vía Navios e navegadores)

120 anos do Faro de Vilán

O vindeiro venres 15 cúmprense 120 anos da entrada en funcionamento do faro de Cabo Vilán, o primeiro faro eléctrico da costa española. A Asociación de Empresarios y de Promoción Turística de Camariñas organiza para ese día un evento de conmemoración co título A posta en marcha do faro de Cabo Vilán e que consistirá en tres conferencias, dúas exposicións e a proxección dun documental de 1958.

As conferencias serán:
A lenda da Costa da Morte. Naufraxios e faros como desencadeantes para a activación dun patrimonio marítimo por Jesús Angel Sánchez García, profesor da Universidade de Santiago.
A aportación da empresa Cerdeimar a electrificación do faro, por Andrés Cerezos Lemus, xerente de Industrias Cerdeimar.
Unha luz na noite por Tania Carreira Rial, técnica de turismo.

As exposicións mostran noticias da época da inauguración e fotos de Ramón Caamaño cedidas por Chete Pose.

(Vía Que pasa na Costa)

Guidoiro Areoso. A illa patrimonio. Xornada

Mañá 27 de novembo vai ter lugar no Consello da Cultura Galega, en Compostela, a xornada Guidoiro Areoso. A illa patrimonio, primeira da serie de actividades Encontros monográficos co Patrimonio Cultural que organiza o Consello. A entrada á xornada é libre e gratuíta.

Este monográfico sobre Guidoiro Areoso pretende recoller a propia vivencia da cidadanía, os resultados das intervencións patrimoniais e a experiencia dos xestores. Guidoiro é un illote situado na Ría de Arousa no que existen numerosas pegadas da ocupación humana durante a prehistoria recente.

Da situación do Areoso xa temos falado anteriormente, debido ao aumento das agresións naturais e humanas ao patrimonio que atesoura e a mobilización social para parar a súa degradación

Distribuir contido