Construcción naval

AGALCARI. Asociación Galega de Carpintería de Ribeira

AGALCARI, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, acaba de abrir o seu web.
Nel atoparedes información sobre os obxectivos da asociación, unha galería fotográfica e completos datos sobre os seus membros, con ligazóns aos sitios web da cada un. Tamén ofrecen un formulario para contactar coa asociación.
É unha moi boa noticia a apertura deste web, e desexámoslle longa vida na Rede.

Exponav. Exposición Nacional da Construción Naval

En Ferrol, no edificio de Herrerías, ten a súa sede Exponav, a Exposición Nacional da Construción Naval.
Un museo/exposición adicado a recoller e mostrar o que foi e é a construción naval nos últimos séculos.
Inaugurada a mediados do pasado ano, acaba de abrir o seu sitio web.
Este web ofrece unha información moi completa sobre todo o proxecto, sobre a Fundación Exponav, sobre o edificio que alberga a exposición, e sobre os fondos que se mostran.
É especialmente destacable a gran cantidade de fotografías dos materiais expostos, que nos permiten facernos unha idea do que se pode ver se se visita a exposición. Ler máis»

Aclunaga

Aclunaga é o cluster do sector naval galego, e agrupa a 133 empresas que cobren todos os segmentos da cadea de valor da construción naval (desde estaleiros e enxeñerias ata sociedades de clasificación e certificadoras).
Nacido para mellorar a competitividade e impulsar o desenvolvemento do conxunto de empresas que integran o sector, as súas liñas de traballo principais son:
Fomentar o diálogo entre as empresas, representar ao sector en iniciativas de interese, identificar necesidades comúns, e ser centro de información estratéxica.
No seu web pódese ter unha visión das súas act Ler máis»

Carpinteria de Ribeira

Programa para a revalorización da carpintería de ribeira, introducindo boas prácticas medioambientais, e de formación e innovación tecnolóxica no sector.
Neste web hai moita información sobre o estado actual e estratexias de futuro da carpinteria de ribeira en Galicia, España, Portugal, Francia e Noruega.
Ten unha completa listaxe de carpinterías en activo.

Carpintería de ribeira. (Gestenaval)

Esta páxina é unha recopilación de recursos relacionados coa carpintería de ribeira elaborada por Gestenaval, unha consultora de Vilagarcia especializada en servicios de enxeñaría naval (deseño, consultoría, etc.).
A recopilación consta dunha listaxe de carpinterías de ribeira de toda España, bibliografía, e enlaces a unha gran cantidade de sitios relacionados coa construción en madeira.

Distribuir contido