Blogs

Euskal bateleroak

A asociación Euskal Bateleroak acaba de abrir o seu blog. Esta asociación de bateleiros vascos agrupa máis de trinta propietarios de bateis de varios portos de Euskadi.
No seu blog poderedes atopar información sobre a asociación, o calendario de actividades, e fotografias.

Sociedade Galega de Historia Natural. Delegación Ferrol

A delegación en Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural ten na rede un blog moi activo e con moitas imaxes.
A SGHN-Ferrol é unha asociación con máis de 30 anos de experiencia na defensa do medio ambiente, que colabora con entidades a asociacións relacionadas co mar, por exemplo participou no VIII Encontro en Ferrol, e que mantén unha UCI encargada de atender e recuperar lobos mariños e focas (dos que as fotos son magníficas), entre outras moitas actividades.
Ademais desto a SGHN ten un Museo da Natureza moi importante pola cantidade e variedade dos seus fondos.

Vida marítima

Vida marítima é un blog creado e mantido por Vicente Sanahuja. O seu tema é o mundo marítimo español, especialmente a mariña mercante, na época do vapor e dos primeiros motores de combustión interna.
Os seus post son dunha extraordinaria calidade, moi documentados, e ilustrados con fotografías a alta resolución sacadas de publicacións da época.
Como xa dixemos a súa temática é moi ampla, e por tratar dunha época que non é moi coñecida o seu valor como fonte de información é notable.

Mil Ribeiras (programa de Radio Galega)

Mil Ribeiras é o programa da Radio Galega que os sábados á mañá trata de peliscar no inxente corpus antropolóxico e cultural do mar para darllo á coñecer un pouquechiño á xente de terra.
Esto di a xente que o fai, ademáis é un programa dinámico e cheo de contidos moi interesantes, por exemplo conversas con mariñeiros que están a faenar en lonxanos mares, lendas, rutas pola costa, novidades do sector, etc.
Agora os que non poidan oilo en directo poden disfrutar del no seu blog http://blogs.crtvg.es/milribeiras

Distribuir contido