Outras publicacións

Revista do III Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Grove 1997


Acabamos de subir o pdf da revista do III Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (18.2MB), que tivo lugar no Grove en 1997.
Os artigos que inclue son variados: sobre os barcos de pasaxe das rías, o oficio de cangrexeiro, a carpintería de ribeira, os gremios no Ferrol do XVIII, o patrimonio marítimo portugués, as memorias de Leonor Galiñanes, cantigas do mar, e destacadamente, sobre a dorna.
No apartado adicado ás dornas publicouse o plano da dorna meca feita por Pepe Garrido, un artigo de Manolo Parada, outro de Anselmo Lopez e uns mais que interesantes debuxos explicativos da dorna meca feitos por Pepe Gondar.
Con este pdf completamos as revistas publicadas nos Encontros, e por tanto está disponible no web case todo o publicado pola FGCMF.
Seguiremos a buscar publicacións feitas por outras entidades ou persoas que poidan ser de interese e xa estean esgotadas para facilitar a súa difusión, portanto se alguén dispón de material que considere adecuado e está disposto a permitir a súa difusión, que por favor contacte conosco.

Agradecemos a Lino Prieto o traballo de escanear as 80 páxinas que ten a revista.

Revista do VI Encontro. Illa de Arousa 2003

Acabamos de subir un pdf (9.8 MB) coa Revista do VI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo lugar na Illa de Arousa no ano 2003.
Este encontro coincidiu co décimo aniversario da FGCMF, e na revista hai un repaso á historia de Federación. Ademáis hai artigos sobre a salga e conserva na Illa de Arousa, os galeóns de Vilanova, a presencia do mar na obra de Aviles de Taramancos, os museos de Massó e da Marinha de Lisboa, sobre os barcos dos rios, a vela latina, o Prestige, e moitos outros de temas variados.
Debido a cuestións técnicas a revista está escaneada en branco e negro.
Actualización: hai unha nova versión do ficheiro por fallos detectados no anterior

Coruxo 1995. A revista do II Encontro

Acabamos de subir un pdf (13 MB) da Revista do II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo lugar en Coruxo no 1995, hai doce anos.
Nela hai artigos de importantes expertos como Staffan Mörling, Eliseo Alonso, Juan Carlos Árbex, Dionisío Pereira ou Octávio Lixa Filgueiras, entre moitos outros. E tamén artigos moi interesantes sobre a dorna Meca, a construcción da vela da gamela, etc. Esta revista está completamente agotada, e é moi dificil de conseguir polo que agradecemos a Lino Prieto o traballo de escanear as 56 páxinas da revista.

A revista de Poio 2001 en pdf

Está disponible nun pdf a revista do V Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Poio 2001 (3.5 MB).
Iremos subindo as revistas de Coruxo, do Grove e da Illa conforme as vaiamos procesando.

Eu emPurro Bueu

Este é o lema que a Asoc. Os Galos de Bueu escolleu para unha iniciativa que dará moito que falar. Prentenden recuperar e poñer en valor un estaleiro tradicional, o de Purro, e que está situado na praia en pleno centro do pobo.
Neste dossier podedes ler mais sobre a iniciativa e a historia do estaleiro.
Estos días, Os Galos están a preparar os seus barcos para a navegación, abaixo tendes unha foto da botadura dos polbeiros Lagoas e Rebello.

botadura galos 1
 

Pailebotes de Galicia

pailebot
 

Esta foto é da botadura dun pailebote en San Francisco (Muros) a principios do s. XX. E para quen queira saber máis dos pailebotes ofrecémosvos o ensaio de Dionísio Pereira Os pailebotes no comercio marítimo de cabotaxe na Galicia de hai cen anos, que saíu publicado, nunha versión reducida, na Revista do Naútico de Vigo "Náutico", nº 24, Primavera do 2006, Especial Centenario.

Patrimonio Marítimo e Fluvial: un recurso a desenvolver

Dionísio Pereira acaba de publicar o artigo "O patrimonio marítimo galego na súa diversidade" no número 63 da Trabe de Ouro.

O artigo ofrece unha visión do patrimonio como un recurso identitario e sobretodo socioeconómico, fonte de emprego e riqueza, na beiramar e nos ríos.
Presenta tamén, ideas de futuro para desenvolver ese recurso mediante un programa de activación patrimonial, e repasa algunhas iniciativas que como Mar de Lira, Acquarium/Galicia co Nauja, ou Vapores del Atlántico co Hidria, xa teñen un camiño andado e poden servir de referencia a outros.

Agradecemos a amabilidade de Dionísio Pereira, de Paco Fernandez Rei e da dirección da revista A trabe de Ouro que nos permite difundir este texto.

Odisea

A ruta que se pode ver na imaxe de arriba impón respeto, calquera o pensaría duas veces antes de facela, pero moito máis se hai que facela cun barco de 13 metros de eslora e un motor de 36 CV construido a finais de 1935.

Esta foi a odisea protagonizada polo Nuevo Emden, un barco do Grove, e o seu patrón Juan Aguiño.

E gracias a amabilidade de Pineiróns podemos ofrecervos o artigo "A odisea do Novo Emden" escrito por Jose Miguel Besada onde se narran estas viaxes.
Este artigo apareceu publicado no número 7 da revista Aunios.
Quen queira contactar coa asociación Pineiróns pode facelo no correo tinopardellas[arroba]edu.xunta.es ou por correo postal:
Asoc. Pineiróns
rúa Conchases 39 2º Esq.
36980 O Grove.

Lembrando o verán

Nestes días de temporal do Sudoeste é bo momento para lembrar os dias de verán. No número 63 da Trabe de Ouro Francisco Fernandez Rei publica unha Crónica do VII Encontro en Cambados. Gracias á amabilidade de Paco e da dirección da revista podemos ofrecervos este texto.

Documenta-lo funcionamento das velas tradicionais

Gracias a amabilidade da Asociación Cultural - Gastronómica PineirÓns, do Grove, podemos difundir artigos publicados na súa revista Aunios.

Imos comezar co artigo de Staffan Mörling e Xosefa Otero Patiño: Documenta-lo funcionamento das velas tradicionais. Publicado no número 3 de Aunios en Xuño do 2001.

Aproveitamos para adiantarvos que próximamente vai publicarse un novo libro de Mörling.