Páxina web do proxecto: https://www.mardevelas.gal/
O proxecto ‘Mardevelas’ naceu como proxecto de cooperación dos GALP Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Golfo Ártabro Sur, co financiamento da Consellaría do Mar a través dos fondos europeos FEMP, e desenvolveuse en dúas anualidades entre 2018 e 2019.
O obxectivo do proxecto foi deseñar unha rede de Mariñas e de Navegación Tradicional que sirva de sustento á salvagarda da cultura mariñeira e do patrimonio marítimo e, como resultado do mesmo, obtivéronse varios documentos que conforman a base sobre a que se pretende crear unha estrutura homoxénea de Mariñas Tradicionais estendida polas diferentes localidades galegas onde existe frota tradicional.
As Mariñas Tradicionais son concibidas como museos vivos onde a frota está ao servizo público para a divulgación do noso patrimonio flotante e inmaterial, con actividade dirixida ás comunidades locais pero tamén a todas as persoas que desexen ter unha visión directa da cultura mariñeira, a través de visitas guiadas, bautismos de mar, navegación tradicional, obradoiros, exposicións ou mostras, entre outras. Toda esta actividade é accesíbel na web mardevelas.
Nas seguintes ligazóns pódense consultar os documentos obtidos como produto deste proxecto: