O vindeiro sábado 18 de decembro estrease o documentario 3ª GZ 1·10, elaborado polo colectivo Azouta, e que será presentado no Museo do Mar ás 19:00 h.
A fita recolle a historia persoal de oito profesionais do sector da carpintaría de ribeira espallados por toda a costa galega, que deliñan co seu relato un amplo percorrido polas mudanzas históricas e polos desafíos actuais aos que se enfronta a construción artesanal de embarcacións de madeira.
A introdución de novos materiais como a fibra ou o ferro, que desprazaron a madeira no eido da construción naval; a invisibilidade fronte a administración ea sociedade da que adoece esta actividade; a degradación do monte galego, que impide o emprego de madeiras autóctonas de calidade e obriga á importación das foráneas; a eiva dunha formación non regrada que dificulta a existencia de relevo de futuros profesionais, a necesidade de formar parte dosplanos de estudo das enxeñerías navais ou o feito de non poder asinar os seus proprios deseños, son algúns dos principais retos que a carpintería enfronta hoxe día en Galicia.
3ª GZ 1·10, unha idea orixinal de Noa García e Xabier Vieiro, é unha produción independente realizada ao longo deste ano, sen apoio económico de institución pública ningunha, e coa colaboración do Museo do Mar de Galicia.
4 cometarios sobre “3ª GZ 1·10”
Comments are closed.
Domingos, artista!
a foto do cartaz já é umha obra de arte, como as dornas de Domingos
E logo de o Museo do Mar non é institución pública? Desde hai un tempo semella que tratades tal centro -e ao seu director en particular- como se fosen unha asociación de particulares amadores do patrimonio marítimo. Non debedes esquecer, sen entrar a valorar o traballo que realizan, que non son precisamente altruistas, dito doutro xeito: que están ao servizo dos poderes políticos e que lles pagamos todos. Xa sei que o sabiades, era só por lembrar…
Non sei, o meior estou errado na miña percepción, pero dende o coñecemento que eu teño, e sen entrar na consideración de entidade pública ou non do Museo do Mar, soio podo mostrar agracedemento a súa laboura, soio lle coñezo un director, o que ten, e durante moitos anos, lembro xa dende o 2.003 (Encontro da Arousa, probablemente antes tamén)) o Museo do Mar está sendo peza moi importante na súa colaboración co asociacionismo sen animo de lucro, para a difusión da Cultura Maritima, o seu traballo non soio se desenvolve cos programas e actos de portas adentro. Outra cousa é que todalas súas programacións ou … me causen unha devoción. Pero non por elo deixo de agradecerlle o Museo e o seu director actúal a súa laboura calada (casi nunca hai fotos) en Cambados, Ferrol,Brest, Muros e no seu constante apoio a iniciativas como a creación de un catalogo de embarcacións tradicionais, repreentación da C.M. de Galicia no exterior, e outras moitas mais, onde ……
Xa sei que non son altruistas, pero tampouco coñezo outra institución que se teña comportado así. Si coñezo particulares que deixan o seu tempo sen animo de lucro e con coste persoal. E o Museo fai algunhas veces que este traballo xurda.
E por certo si creo que o seu director entre outros é un amador da Cultura Maritima e lle adica tempo sen animo de lucro.
Fernando Piñeiro
Moi ven Fernando moi ven te expresas, pero podes estar errado e mon ver os fins.