Ven de presentarse o libro escrito por Xoán Francisco Garcia Suárez A carpintería de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes, publicado pola editorial Toxosoutos.
A intención do autor, como escribe no prologo, é facer unha catalogación dos talleres e carpinterías de ribeira que existiron ou existen na costa do concello de Outes.
Abren o libro uns capítulos introductorios sobre a navegación na zona antes do século XIX, seguidos por un capítulo no que o autor fai unha viaxe desde a Pontenafonso ao Freixo, dando razón dos estaleiros localizados, acompañados de datos básicos sobre cada un, ou sobre os barcos máis significativos neles construidos, e fotografías das instalacións que ainda se conservan.
Logo ofrecenos unha interesante listaxe de barcos de carga construidos na zona, facendo constar nome, lugar, tipo, ano, eslora e tonelaxe, no que podemos comprobar como ainda en data tan tardía como 1900 se construíu un quechemarín no Freixo.
Remata o libro cun capítulo adicado a barcos salientables como o Vieta, o Nieves, ou o Eliseo, entre outros, e que foron construidos nalgúns dos estaleiros estudiados.
Un interesante libro que sirve para coñecer un pouco mais a zona do concello de Outes, famosa pola construción de barcos, pero sobre a que hai moi pouco publicado.
Un comentario sobre “A carpintería de ribeira e os estaleiros no Concello de Outes. Libro”
Comments are closed.
Noraboa por este novo traballo, ten todo luxo de detalles, unha obra necesaria, tiven ocasión de lelo dous dias despoois de sair á rua e gustoume moito.