A ‘Irmandiña’, 20 anos da dorna máis grande do mundo

As dornas mecas desapareceron completamente a finais dos anos 60. Non se conservaban planos e tan só a partir de fotografías antigas, de debuxos, da memoria dos vellos mariñeiros e da sabiduría dos irmáns Garrido, se puido levar a cabo o deseño e a construción da ‘Irmandiña’ nos Estaleiros Garrido, unha das únicas dúas dornas mecas que existen na actualidade.

As dornas mecas son una variante das dornas xeiteiras, ás que se lle ampliou o volume e a manga na popa, e o lanzado da proa. Levan este nome por ser creadas no Grove, desde onde poboaron as ribeiras de Cambados, Rianxo, Vilaxoán, entro outros portos. Nestas dornas traballaban ao xeito uns cinco homes e diferenciábanse polo seu maior tamaño, 16 o máis cuartas de quilla, o que significa una eslora de máis de 7 metros.

Desde a Asociación Dorna Meca do Grove quixeron demostrar o potencial destas embarcacións tradicionais, e para iso prepararon nada menos que unha travesía do Atlántico. E así foi como naceu a ‘Irmandiña’, unha dorna meca de 9,5 metros de eslora construída en roble, piñeiro país e acacia. Aparellada inicialmente con vela de relinga para surcar as augas do Atlántico (na actualidade loce vela cangrexa) e coa manobra tradicional que lle corresponde.

A ’Irmandiña’, sen dúbida un dos máis ambiciosos proxectos da Asociación de Amigos da Dorna Meca, foi construída ex profeso para facer realidade un soño que xurdira a finais de 2002 despois dunha conversa entre varios socios e amantes deste tipo de embarcacións. A idea era conmemorar as xestas transoceánicas realizadas en tempos nos que non se contaban con medios técnicos coma os actuais e establecer un vencello entre todas as comunidades atlánticas que tiña previsto visitar a barca. Problemas co financiamiento provocaron que este reto, finalmente, non se puidera levar a cabo.

A idea era que a dorna partira desde a ría de Pontevedra rumbo a Canarias, onde os tripulantes agardaban chegar nun prazo de entre doce e vinte días. Logo dunha parada de arredor dun mes, a ‘Irmandiña’ deixaría as Illas Afortunadas e tomaría dirección ao Arquipélago de Cabo Verde, desde onde iniciará a travesía final ata Porto Rico. A arribada estaba prevista en decembro de 2004. En cada unha das súas escalas, a dorna participaría en diferentes actividades de tipo cultural, amosando o xeito tradicional de navegación en Galicia e presentando o proxecto.

A pesar de que o reto non se puido levar a cabo, a “Irmandiña” nacera para facer historia e xa é unha das nosas xoias patrimoniais. A dorna foi botada en xullo de 2003. Nos seus primeiros 10 anos de vida, estivo presente en numerosas regatas, reunións e encontros de embarcacións tradicionais da costa galega. Incluso participou na gravación de producións audiovisuais de carácter divulgativo. Durante dúas tempadas utilizouse como barco escola de navegación tradicional, converténdose en plataforma de formación práctica para todas aquelas persoas con inquietude ou curiosidade pola navegación tradicional. Despois desa etapa, adaptouse ao aparello de vela cangrexa competindo e vencendo en diversas regatas, sempre con Pepe Garrido á cana.

No agosto de 2006, a Irmandiña partiu das aguas francesas de La Baule para dar inicio ao II Rally La Baule – San Vicente. A travesía, dunhas 450 millas náuticas, foi a de maior distancia percorrida por unha dorna, xa que a viaxe até América para a cal foi construída non se chegara a realizar.

Un dos obxectivos era dar a coñocer a fermosura e o carácter mariñeiero deste barco propiamente galego. A tripulación estivo formada por catro navegantes da Arousa. Óscar Babé, un rapaz novo con moitas millas náuticas ás súas costas, un médico (Antonio Grandío), un experto en velería (Ramón Albert), e Pepe Garrido como patrón.

A participación de la “Irmandiña” no Rally La Baule-San Vicente, foi unha gran oportunidade de poñer en valor a historia da navegación en Galicia, levando a terras bretoas unha das embarcacións máis representativas da cultura marítima galega.

FOTOGRAFÍAS: Lino Prieto