A nova Ardentía

Xa está na rúa o número 4 de Ardentía, que se pode adquirir nos numerosos actos de presentación que se van facer en moitas zonas de Galicia, ou nos puntos de venta habituais.
Este número está adicado ás mulleres do mar e dos rios, con artigos sobre o estado actual do traballo feminino no mar e sobre a actividade da muller en moitos e diferentes traballos ao longo da historia no mar de Galicia e Portugal. Trae historias tan interesantes como as das mulleres de Salvora condecoradas no salvamento do Santa Isabel, a das mulleres que traballaban nas “minas” de barro, as subhastadoras de peixe, as argaceiras, etc.
Ademáis das seccións habituais “Sino de proa” e “Letras na almadraba”, cun relato de Darío X. Cabana, tamén ten dous traballos sobre o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e a presencia de Galicia como invitada en Brest2008.
Podedes ler a presentación do director e un soneto de María Victoria Moreno adicado a unha percebeira de Ons.
Coincidindo coa saida do número 4 xa están disponibles os pdfs do número 3.

2 cometarios sobre “A nova Ardentía

  1. Escoitei a charla que Luís Rei mantivo con Xurxo Souto no programa “Mil ribeiras” da Radio Galega e pareceume moi interesante o contido do último número da revista. Noraboa!

  2. Hola son unha galega que estuda este ano en Valencia..Estudo Belas Artes..e estou a denrolar o meu proxecto persoal. O título do meu proxecto é “Para as mulleres que traballan no mar…”. Entre eles un traballo adicado especialmente as mariscadoras galegas.
    Felicítovos polo número “o mar tamen ten mulleres”, Ademáis de serme de gran axuda para o meu proxecto, creo xa vai sendo horas de rematar coa invisibilidade do colectivo feminino do mar.

Comments are closed.