Abandeirar un barco estranxeiro no Rexistro Marítimo

En BoudeVara explican o proceso para abandeirar un barco procedente do estranxeiro. O Ráná é un Folkboat con matrícula de Berlín construído en 1971, mercado no 2004 e que agora xa está oficialmente no rexistro de sétima lista. Xaquín Cuiñas, o seu armador explica o proceso que tivo que seguir para poder cambiar o abandeiramento do seu barco, e como recentes cambios na normativa facilitaron o traballo.

Tamén comenta a vía de abandeirar o barco en Bélxica que están a seguir algúns barcos polas facilidades dadas pola administración belga aos estranxeiros, e as dificultades que presenta.

5 cometarios sobre “Abandeirar un barco estranxeiro no Rexistro Marítimo

  1. Isto non é máis que a enésima constatación do “Via Crucis” que dende o ano 90 nos someten os intereses corporativistas dos Enxeñeiros Navais que pensaban lucrarse firmando proxectos de construcción, e ó final o único que conseguiron foi acabar cos carpinteiros de ribeira e polo tanto darle un golpe mortal a cultura marítima.
    O raro é que a este señor non se lle meterán tamén co tanque de augas grises e augas negras; eu tamén teño un veleiro clásico e pra pasa-las inspeccións non me quedou outra que precintar o retrete e instalar un químico.
    Saudos e boa proa.

  2. Agora que todo o mundo escapa cos barcos para Europa vas ti e traelo para España, tocarache Sufrir ITB, capitanías, material homologado pola mariña mercante …etc, etc.

    Non solo para Bélxica senón tamén para Holanda, Alemaña, Inglaterra, Italia todos acollen cos brazos abertos os nosos barcos algún con mas requisitos que outros pero case que ningún pais europeo pon pegas e en xeneral todo son vantaxes.

  3. Ola, tanto aduanas coma a garda civil teñen posto multas por navegar con barcos con bandeiras comunitarias pero estas multas quedan sen efecto o pasar a organismos superiores, por aquí non tanto pero no mediterráneo xa teñen posto moitas e todas foron desestimadas. Va unha nota aclaratoria da capitanía de Bilbao.

  4. Bos días compañeiros sofredores de capitanías, bandeiras, adunanas e demáis lerias burocráticas. Na entrada no blog, quixen deixar claro que “cada caso é un mundo e cada un ten que mirar o que máis lle conveña”. No meu caso, ao mercar o barco (ano 2004), o primeiro que fixen foi a baixada de bandeira en Alemania. Polo tanto precisaba facer un abandeiramento nalgún sitio. Despois de mirar distintas opcións e tendo en conta as caracterísiticas do barco (as exencións por eslora) o máis barato foi facelo aquí (arredor de 200€). Inscribilo en Bélxica por exemplo eran 400€, e de momento, o que eu sei, é que agás éste país, ningún outro pais europeo permite abandeirar un barco se non resides no mesmo. En canto ao das multas de Aduanas e Garda Civil, claro que te permiten navegar por augas españolas pero sempre e canto teñas liquidado o Imposto dobre determinados medios de transporte (o famoso 12% do valor do barco) e o Imposto sobre Trasmisións Patrimoniais. Polo tanto estamos nas mesmas, se pagas todo resolto.
    Por outra banda, a ITV, polo menos no meu caso, é cada 5 anos (70€) e en canto ao material homologado, todo depende da zona de navegación que solicites (no meo caso zona 6), e non preciso aparatos electrónicos, nin balsas, nin radiobaliza…etc, tan só chalecos, espello sinais, tres bengalas e unha buguina, e hoxe en día, prácticamente todo o material náutico que se vende está homologado pola lexislación comunitaria.
    Pois nada, sorte e a navegar.

    1. hola ja algún tiempo he pensado en abandeirar una moto de agua en España. me dijo que barcos de hasta 8 metros estaban exentos de impuestos. me puede dar más información. ¿cómo debo hacer para abandeirar ella. que los costos tienen. Yo vivo en Braga, Portugal. agradecido por la respuesta …

      mgvf@clix.pt

Comments are closed.